Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Xian Gutiérrez, outro marinense campión de España, esta vez en remo co Clube “Ría de Marín”

Carriola.CR Ría de Marín.05.02.24.

julio@carriola.es.

O marinense, conseguiu tamén dous bronces coa selección galega de remo no encontro celebrado esta fin de semana no encoro ourensán de Castreelo de Miño

 Esta fin de semana celebrouse no  encoro de Castrelo de Miño (Ourense) os Campionatos de España 2024 de Longa Distancia e de Selecciones Autonómicas. A participación foi moi ampla, con máis de 500 remeiros inscritos para competir na longa distancia o sábado, e 8 seleccións autonómicas cun total de 108 embarcacións na  xornada do domingo

O sábado pola tarde, o marinense Xián Gutiérrez  proclamouse  campión de España cadete nunha intensísima regata de  5500 metros. Destacable tamén a 8ª posición dos marinenses Anxo Blanco e Xairo Rivadulla que competiron en 2-.

Selección Galega

Na xornada do domingo, o club marinense aportou 6 remeiros da súa canteira aos botes de equipo da selección galega.  Xián Gutiérrez acadou dous bronces pola súa participación no 4x e no 8+ cadete, mentres que os tamén cadetes Anxo Blanco e Xairo Rivadulla quedaron quintos en 4-. No caso dos xuvenís,  Saioa Iglesias e Niobe Barreiro quedaron cuartas en  4x e Breogán Fariña quedou cuarto en 8+ e 7º en 4-.

 

roslev