Carriola.Redacción.10.02.24.
julio@carriola.es.
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou onte o comedor social Voluntarias de la Caridad de San Vicente de Paúl, en Marín onde se reuniu coas persoas que o dirixen e traballan diariamente na atención alimentaria a persoas en situación de especial vulnerabilidade.
Parrado escoitou as expliccións dos interlecutores que lle mostraron a realidade do centro no que se facilitan almorzos a preto dun centenar de persoas que se acercan cada día a dito centro.
A visita do director xeral foi recibida con satisfacción polo voluntariado que dese xeito sintese apoiado pola Xunta de Galicia para superar as dificultades diarias do seu cometido