Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Estrela de Marín” presentou ao goberno local a preocupación do comercio pola disminución de aparcamentos

Carriola.Redacción.15.02.24.

julio@carriola.es.

Na nosa Carriola de onte publicábamos a referencia a unha reunión mantida pola alcaldesa e concelleiras de Comercio e Festas con comerciantes da asociación Estrela de Marín segundo a nota recibida nesta redacción do propio concello. Hoxe facemos o propio coa que nos remiten desde a asociación comercial que mostra a súa preocupación por la eliminación constante dos aparcamentos por mor das obras de humanización que se levan a cabo en Marín.

Trala reunión mantida con representantes municipais, encabezados pola alcaldesa Dª María Ramallo, o pasado luns día 12 para tratar os problemas que teñen os clientes, proveedores e incluso os propios comerciantes, para estacionar os seus vehículos, desde o Centro Comercial Aberto Estrela de Marín imos solicitar varias medidas para mitigar o citado problema de aparcamento:

  • Ante a inminente obra, que se vai executar na rúa da Ponte, que vai supoñer a supresión das 20 prazas de zona azul existentes, imos solicitar por escrito que se implante zona 2h, nas rúas Exército e Marina e en Augusto Miranda (serían preto de 40 prazas).
  • Ademais, o estacionamento público gratuito de Ponte Zapal, imos solicitar que seconverta en estacionamento de zona azul de 2h, coa finalidade de que se mellore o seu uso e se incremente a rotación dos vehículos que estacionan nese espazo.
  • Aparcamento soterrado e compra de parcelas

Imos instar ao Concello, que a tramitación do anteproxecto para a construción e explotación do aparcadoiro subterráneo do parque Eguren, que se iniciou o 28 de novembro de 2022, e que contaba con 2 plantas e un total de 218 prazas, se axilice ao máximo posible, xa que é unha medida que se barallou xa no 2006, e consideramos que xa pasaron os anos máis que suficientes para que se converta nunha realidade. Ademais, as próximas humanizacións que se acometarán no noso Concello, teñen que vir acompañados de bolsas de estacionamento, para non agravar máis o problema.

  • Por outra banda, imos propoñer que o Concello adquira varias parcelas nas rúas Busto de Arriba e Busto de Abaixo, cunha superficie de 2.000m2 e que se atopan en venda na actualidade. Unha vez acondicionadas, propoñemos que se habiliten para estacionamento de2h.
  • Como última medida, imos comezar coas xestións co Porto, para que se poida habilitar de maneira permanente o estacionamento que se abre de xeito puntual, como endeterminadas xornadas de festas. Para esta medida, imos solicitar o apoio explícito de todos os partidos políticos que compoñen a corporación local, xa que non existe a curto prazo outra solución aos problemas de estacionamento, no casco urbano da nosa vila.
  • Mesa Local do Comercio

En clave de apoio municipal ao comercio, imos solicitar na vindeira “Mesa Local de Comercio”, unha campaña de incentivación ao consumo, similar á que puxeron en marcha en concellos como Cambados e Vilagarcía, a través da cal se mobilizarían como mínimo de 45.000€ cun investimento de 15.000€

Tal e como se fixo na reunión que se mantivo, agradecemos publicamente ao Concello, que nos recibise con celeridade para abordar esta cuestión que afecta no día a día, do tecido comercial da nosa vila.

Agardemos e instamos, a que entre todos poidamos poñer en marcha estas solucións o antes posible, para o beneficio de todos.

roslev