Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Luis López pide aos veciños de Marín o apoio masivo a Alfonso Rueda para manter os elevados investimentos desta lexislatura

Carriola.Redacción.(R)16.02.24.

julio@carriola.es.

O presidente provincial do PP alerta, nun paseo pola vila con María Ramallo, Luisa Piñeiro e Manuel Santos, do “serio risco de parálise das achegas” cun multipartito de esquerdas “que non ten sensibilidade con Marín e non terá a este concello entre as súas preferencias”. O tamén presidente da Deputación fixa como obxectivo “superar esta cifra” no mandato 2024-2028 e indica que o apoio a pemes e emprego, ao sector do mar, ás políticas sociais e as infraestruturas serán a prioridade xunto coa achega de 2,5 millóns para o novo auditorio

 O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, pediulle publicamente á veciñanza de Marín que preste un “apoio masivo” a Alfonso Rueda nas eleccións do 18 de febreiro para que revalide a presidencia de Xunta “e se manteña, con toda a potencia, o elevado rimo de investimentos” que se están a acometer no Concello desde o Goberno galego, cifrados en 49.210.519 euros euros na derradeira lexislatura.

“Os veciños de Marín teñen que elixir entre un presidente como Alfonso Rueda e un partido que ten a máxima sensibilidade e cumpre sempre coas demandas deste municipio ou un multipartito de esquerdas que non ten as súas preferencias neste concello e co que se corre un risco serio e real de parálise dos moitos investimentos en marcha e dos que se proxectan para o futuro”, sinalou López

O tamén presidente da Deputación especificou esta mañá, nun paseo pola vila coa alcaldesa, María Ramallo, o candidato marinense Manuel Santos, a secretaria xeral provincial, Luisa Piñeiro, e membros do PP local, que o compromiso do PP desde a Xunta con Marín materializouse na derradeira lexislatura en investimentos “por máis de 12 millóns de euros anuais e máis de 500 euros por habitante e exercicio pola grandísima colaboración de Alfonso Rueda”.

Por elo, e dado que ritmo de investimentos é claramente crecente, Luis López solicitou o voto para o Partido Popular, “xa que é que máis lle convén a Marín e aos marinenses porque somos moi autoesixentes para darlle máis e mellor aos veciños deste concello morracense e por iso dicimos, abertamente, que o noso obxectivo é superar estes 49 millóns no vindeiro mandato 2024-2028”.

Neste senso, Luis López deixou claro que as prioridades de actuación do Partido Popular para os próximos catro anos en Marín pasan por seguir investindo fortemente nun sector estrátexico para o concello como o do mar, ao que se adicaron 11,5 millóns nesta lexislatura, e a creación de emprego e apoio a empresas, pemes, comercios, hostalería e autónomos, aos que se inxectou 4,4 millóns. Ademais, engadíu que tamén haberá fortes investimentos nas políticas sociais e contra a exclusión, a mellora das infraestruturas viarias e dos centros educativos públicos e o apoio ao turismo.

Finalmente, deixou claro que o PP aposta decididamente, cunha forte achega desde a Xunta, polo novo auditorio, xa que achegará 2,5 millóns de euros para financiar o 50% “dun gran centro social e cultural, moi demandado pola veciñanza, que realmente é algo que merece Marín e os marinenses e que, se revalidamos a Xunta, será unha realidade no vindeiro mandato”.

roslev