Carriola.Celia García Santomé(*) 28.02.24.
julio@carriola.es.
A recente emisión do comunicado pola Xunta de Galicia, detallando as bases reguladoras para a concesión de axudas ás entidades locais para fortalecer a protección dos animais domésticos de compañía abandonados, destaca a necesidade urxente de acción ante a problemática das colonias felinas no concello de Marín.

Celia García
Segundo a Lei 4/2017, a responsabilidade da recollida de animais abandonados recae nas administracións municipais, coa facultade de xestionar este servizo por si mesmas ou en colaboración con entidades especializadas. A recente modificación da Lei de Benestar Animal ampliou as responsabilidades municipais para incluír a identificación e xestión das colonias felinas, subliñando a importancia dun compromiso sólido na atención aos animais desamparados.
En resposta a esta necesidade, no BNG presentamos unha proposta ante a comisión informativa de medio ambiente, buscando solicitar axudas para abordar a problemática das múltiples colonias de felinos en Marín, destacando a urxencia de acción ante as queixas recibidas pola sucidade e os malos olores en áreas como Cividanes, A Brea, Méndez Núñez, rúa da Roda e a rúa do Sol.
Lamentablemente, a proposta foi rexeitada por Marián Sanmartín, presidenta da comisión, argumentando que se unha colonia de gatos aliméntase pola veciñanza, deixa de considerarse como animais abandonados. Ante esta postura, denunciamos que se trata dunha escusa infundada para evitar a implementación do método C.E.S. (Captura, Esterilización e Soltura), e alertou sobre as consecuencias da neglixencia do goberno do Partido Popular (PP), que está a xerar un grave problema de insalubridade e molestias á veciñanza en diferentes zonas de Marín.
Desde BNG reiteramos o noso compromiso coa protección animal e a transparencia na xestión municipal, instando ao goberno local a reconsiderar a súa postura e a tomar medidas efectivas para abordar esta situación urxente en beneficio da comunidade marinense.
(*) Celia García Santomé é concelleira Municipal do BNG).