Carriola.Estrela de Marín (R) 01.03.24.
julio@carriola.es.
Tralo sorteo efectuado este mediodía na sede social da asociación, con motivo da "Campaña Estrela", a gañadora foi Sonia Barreiro Blanco. Sonia selou a súa tarxeta nos comercios Carnicería Leomar, Sofimar e Espazo Lector Nobel polo que disporá de 3 vales compra de 50€ para consumir nestes establecementos.
Neste caso, Sonia forma parte do club de fidelización de “Comercio do Morrazo”, polo que recibirá na súa tarxeta de fidelización 50€ a maiores. Recordamos que formar parte do club de fidelización é gratuito, e polas compras efectuadas, acumúlase unha porcentaxe do importe das vendas.
O acto de entrega do premio terá lugar o Venres día 1 de marzo ás 12:00h no comercio Carnicería Leomar, no transcurso do mesmo o gañador recibirá os 150€, en vales compra.
Nesta edición, efectuanse 7 sorteos polo que en total sorteamos 1.400€ en tarxetas regalo.
Esta campaña conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.