Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

No Día da Muller

No Día de Muller

Carriola.Aarón Franco 08.03.24.

julio@carriola.es.

 

Aarón Franco 

CANDO A REBELIÓN DE CLARA ZETKIN.

Vinteséis de agosto, unha nova alborada pide paso na cidade de Copenhague, vaise celebrar o primeiro día da II Conferencia Internacional de Mujeres Socialistas. Unha filósofa alemá recibe o aplauso das cen delegadas que copan o auditorio. 

O seu nome é Clara Zetkin e está a piques de propoñer o Día Internacional da Muller Traballadora.

Zetkin abraza o atril e empeza o seu discurso: "para impulsar a emancipación política da muller é deber axitar ás masas, ilustralas con discursos e literatura sobre a necesidade da emancipación feminina". 

En 1889 publicou "Pola liberación da muller!".

A cuestión da emancipación da muller, isto é, en última instancia, a cuestión do traballo da muller, é unha cuestión económica", rezaba entón. 

Por que o 8 de marzo?

A humilde empresa téxtil Triangle Waist non tardou en crecer e facerse un nome na cidade de Nova York. Os seus métodos para coidar o seu patrimonio eran estritos e transparentes. Entre eles, pechar as portas da fábrica con chave para que ninguén roubase. Sempre debían saber quen entraba e saía. En 1908, esas fechaduras evitaron que as súas traballadoras fuxisen das chamas que provocou unha cabicha. Morreron todas, 129 mulleres. Foi un oito de marzo.

Por desgraza, Clara Zetkin tiña fácil escoller a data. Os motivos eran claros: quería que cada oito de marzo se convertése nunha data de loita, máis que de celebración. "Ante todo, [o Día da Muller Traballadora] ten que promover a axitación polo sufraxio feminino. Esta reivindicación debe ser explicada en relación con toda a cuestión da muller", sentenciaba.

Todas as delegadas vitorean a proposta. Proceden á votación e o resultado é rotundo: apróbase o Día Internacional da Muller Traballadora por unanimidade. O seguinte ano daría o pistoletazo de saída, en Berlin, onde se manifestaron máis de 30.000 mulleres. 

Ata hoxe.

 

roslev