Carriola.BNG (R) .19.03.24.
julio@carriola.es.
O BNG de Marín convoca para hoxe martes, 19 de marzo, unha asamblea vecinal na Banda do Río. Terá lugar no local da Antiga Cámara Agraria ás 20:00h., e o asunto principal da mesa será falar das necesidades da veciñanza desta zona.
Con esta xuntanza, o BNG inicia unha rolda de Asembleas Veciñais para percorrer os barrios e parroquias de Marín coa finalidade de escoitar as inquedanzas, demandas, queixas e propostas da veciñanza, así como informar do traballo feito pola nosa organización.
A voceira do BNG, Lucía Santos, fai un chamamento á veciñanza da Banda do Río para convidala a participar na xuntanza e coñecer as demandas do barrio. Deste xeito preténdese manter un contacto permanente coa veciñanza e dar voz ás súas necesidades, así como fomentar a participación ao tempo que profundizar na democracia.