Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Marin súmase á “Rede de Captación Dixital da Xunta de Galicia” coa incorpoaración á mesma do Instituto “Chan do Monte”

Carriola.Xunta de Galicia.31.03.24.

julio@carriola.es.

A Xunta de Galicia incorpora ao Instituto Chan do Monte de Marín entre os 16 novos centros á Rede de Capacitación Dixital, de tal forma que son xa 71 os centros que imparten ensinanzas para persoas adultas de educación secundaria, bacharelato ou FP, que dispoñen destas aulas. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina un total 1.230.875€ para o conxunto destes espazos.

Esta actuación pon ao servizo da cidadanía as infraestruturas e dotacións dos centros educativos para formarse nas competencias dixitais transversais necesarias para desenvolverse de forma cotiá nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, na que servizos esenciais, tales como a banca, o acceso ás administracións públicas ou o consumo se realizan de forma telemática.

 

As actividades van dirixidas, preferentemente, ás persoas maiores de 55 anos cun nivel baixo de cualificación neste eido, atendendo especialmente a fenda de xénero, á poboación vulnerable e ás zonas rurais, de acordo co establecido na Estratexia Edudixital 2030, que ten como eixo segundo a mellora das competencias dixitais da cidadanía no ámbito das súas competencias.

Durante o seu primeiro ano de funcionamento formáronse en competencias dixitais básicas nas 55 aulas habilitadas na primeira convocatoria un total de 2.409 persoas e agárdase chegar a 2.792 ao longo do ano 2024

roslev