Carriola.Redacción 29.04.24.
julio@carriola.es.
Recibimos en Carriola de Marín a información procedente do Consello Local do BNG no que se congratulan do nomeamento de Bieito Lobeira para o número dous da candidatura ás eleccións europeas que se han de celebrar no mes de xuño considerando que confirma o bo momento do BNG en Marín. Reproducimos o comunicado íntegramente a continuación;
O Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) aprobou o 27 de abril a candidatura para as próximas eleccións europeas, destacando a participación de Bieito Lobeira, veciño de Seixo, Marín, que ocupará a segunda posición na lista liderada por Ana Miranda.
A traxectoria de Bieito Lobeira como defensor dos dereitos culturais e lingüísticos e a súa paixón pola valorización do patrimonio e a cultura galega serán fundamentais para impulsar políticas que protexan a nosa identidade e fomenten a prosperidade nas nosas comunidades. O seu amplo coñecemento en liderado estratéxico será crucial para defender os intereses de Galicia nun contexto europeo, promovendo un desenvolvemento sostible e equitativo.
Este nomeamento confirma o bo momento que continua a vivir o BNG marinense e demostra que, ademais de contar con catro persoas destacadas representantes na Corporación municipal, ten unha equipa extraordinaria.
Con Bieito Lobeira, Marín non só ten un representante no Parlamento Europeo, senón tamén un defensor dos intereses da veciñanza.
Consello Local do Bloque Nacionalista Galego de Marín.