Carriola.CRM 04.05.24.
julio@carriola.es.
Os marinenses loitarán por un posto na selección para participar na regata clasificatoria da Copa Xuventude 2024.
A Federación Galega de Remo ven de convocar para unha concentración durante a fin de semana das Letras Galegas aos remeiros marinenses Xián Gutiérrez Dopazo e Níobe Barreiro Fernández. Esta convocatoria é unha oportunidade única para facerse cun oco nas tripulacións que Galicia presentará para a clasificatoria da regata internacional Copa Xuventude 2024.

Niobe Barreiro
A Copa Xuventude é unha competición europea para categoría xuveníl, que este ano se celebrará en República Checa durante a segunda semana de agosto. As tripulacións que formarán a selección española elíxiranse a través dunha regata clasificatoria por autonomías que se celebrará o 13 e 14 de xullo en Sevilla. É precisamente esta regata de Sevilla a que os de Marín prepararán durante a concentración, de cara a intentar representar a España en agosto.
A participación nesta convocatoria é posible gracias aos patrocinadores do club que contribúen co financiamento do club, o Grupo Pesmar, Codisol, Nodosa, Dibay, ENCE no seu Plam Social.