The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Emotivo segundo día da programación do “I Festival de Cine do Mar” coa poxección de “A Última dorna de Ons”

Carriola.Redacción.23.05.24.

julio@carriola.es.

O salón de actos da Biblioteca Pública Vidal Pazos acolleu na tardiña de onte a segunda xornada do programa do “I Festival de Cine do Mar” que, coa colaboración do Concello e de OPROMAR, entre outros patrocinadores, desenrola o Museo do Mar de Marín que conseguiu unha notable atención popular tras a xornada inaugural  na que se pudo ver a magnífica película de María Vázquez, “Matria”.

Ons como centro na xornada de onte

A sala do Museo encheuse de espectadores para presenciar a proxección do magnífico e emotivo traballo de Anxo Cabada e Antón Davila, “A última dorna de Ons”, no que se recolle de xeito maxistral unha parte da historia contada a base de breves entrevistas cos illáns, a maioría deles hoxe fora da illa, ainda que a reportaxe conta de xeito especial co famoso e entrañable mariñeiro “Cesáreo”, que aínda hoxe vive na Illa a pesar de ter quedado só tras o falecemento da sua dona hay uns anos.

Cabada e Davila presentes no acto, explicaron o sentido da súa obra e tras a proxección abreuse á participación dos asistentes algús dos cales contaron tamén as súas experiencias o que ainda fortaleceu o contido do visto na pantalla.

Un segundo éxito de imaxen do programa deste singular festival ao acercar á xente de hoxe o que foi a Illa e os seus habitantes de hay medio sáculo para atrás

Primeira mesa redonda

Pero a tarde non terminou así porque a continuación abreuse unha mesa redonda  na que se falou de “Patrimonio Marítimo”, coa intervención de Antón Pousada e Xosé Vilas, do grupo cultural Ronsel de Seixo;Fernando García da A.C. Os Galos: Xaquin Fabeiro, presidente do Club Mariño A Reibosa; Ramón Collaso, presidente da Asociación Galega de Carpinteiría de Ribeira.

Cada  un deles expresou o seu punto de vista con respecto á cultura tradicional das embarcacións dos nosos portos  con reivindicación á hora de expresar a necesidade da recuperación no máximo posible de dita cultura tan propia nos nosos portos.

Hoxe o curtas no Ensino e segunda mesa redonda

Para hoxe, xoves, está fixado na programación como o día das proxeccións de curtas de Ensino, coas seguintes obras presentadas:

  • Entroido 2022, do CEIP Carballal
  • As praias de Marín, do CEIP Carballal
  • Mergullo nas rías, do CEIP Carballal
  • Un tesouro nas rías, do CEIP Carballal
  • Mar de redes, do IES Félix Muriel
  • U-los mariñeiros en Marín?, do CEIP Sequelo
  • Mareas vivas de Lourizán, do CPR Sagrado Corazón de Placeres

Acto seguido, ás 20.00 horas, celebrarase a segunda mesa redonda do festival sobre o Museo do Mar de Marín, na que intervirán os membros da asociación José Antonio Pérez, María del Puerto Pérez, Xosé María Vilaboa e José Manuel Pesqueira.

 

Mulleres homenaxeadas polo Museo do Mar no ano 2022

Finalmente, ás 20.30 horas, proxectarase o documental Homenaxe ás Mulleres do Mar, de Lukas Santiago, na que se pon en valor a traxectoria de Carmen Abreu, Chicha Domínguez, Manuela Couso, Lina Pazos, Juana Soto, Marisa Pazos, Ana González, Concepción Santiago, Dolores Dopazo e Visitación Núñez.

O venres para os novos creadores

O venres, día 24  será a quenda da categoría de novos/as creadores/as, coa proxección das seguintes curtas a partir das 19.00 horas:

  • Cantiga, de Ángela Castro
  • Nostra In Mare Fortuna, de Álvaro Martínez
  • Treito, de Carolina Segovia
  • Dorna, de Antón Guerrero
  • Vogar, de Andrea de la Iglesia
  • Voltar do mar, de David Pérez-Rodrigo Santiago

Unha vez rematadas as proxeccións, a partir das 20.00 horas, Marcos Gallego, director da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, un certame colaborador, que presentará a proxección de tres pezas:

  • Singlando do Albán, de Tito Pérez, presentado no certame no 2021
  • Atalaia/Piueiro, de Xisela Franco, mención especial do certame no 2022
  • Tatuado nos ollos levamos o pouso, de Diana Toucedo, mellor película da mostra do 2022

O sábado punto e final coa Gala de clausura

O sábado a partir das 19.00 horas celebrarse a gala de clausura, na que se entregarán os premios deliberados por un xurado formado por Diego Santaclara e Diego M. Barcia, de Trece Amarillo; dous representantes do Museo do Mar, Lukas Santiago e Dani Antelo, director do John Balan Fest.

Haberá Sardiña de Ouro, Sardiña de Prata, Rodaballo de Ouro e Mención especial e proxectaranse de novo todas as curtas que resulten gañadoras.

Para clausurar o acto, ás 20.00 horas, proxectarase Carpintaría de ribeira. Fasquiando o futuro, de Agalcari