Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O “I Festival Cine do Mar” entra na recta final tras a emotiva xornada de onte co homenaxe ás mulleres traballadoras do mar

Carriola.Redacción.24.05.24.

julio@carriola.es.

O “Festival Cine do Mar” que organiza o Museo do Mar de Marín co patrocinio de OPROMAR, o Concello de Marín e outras diversas entidades entra na recta final sendo hoxe a xornada dos novos creadores e despois do día de onte en que estiveron presentes mulleres que dedicaron a vida a traballar no duro oficio do mar directa ou indirectamente

A xornada que a programación de onte dedicou a homenaxear como colofón do día ás mulleres do mar, aquelas que traballaron en oficios relacionados coa pesca, resultou completa e emotiva pola presencia de varias delas na sala da Biblioteca onde se proxectou o traballo de Lukas Santiago no que cada unha delas contaba o seu paso polo mundo da pesca e do mar con lembrnza dos tempos de sacrificio e de duro traballo especialmente para elas que, tal como se pudo ver na reportaxe, foron verdadeiras heroinas nese traballo que non era máis que unha prte das responsabilidades pois por riba del estaba a atención ás familias, case sempre numerosas e aos vellos da casa que nela permanecían sempre ata o fin dos seus días.

O cine e a imaxe no Ensino

Previamente, os numerosos asistentes á xornada presenciaron os traballos do Ensino dos centros escolares marinenses, referidos ao mar, ás rías, ás artes e ás persoas que nel traballan e traballaron desde sempre no noso entorno

Mesa redonde: Museo do Mar

O pasado, presente e futuro do Museo do Mar de Marín foi o eixo do tratamento na mesa redonda que a continuación das proxeccións se abriu coa participación de José Antonio Pérz, presidente do Museo; Puerto Pérez, Xosé María Vilaboa e José Manuel Pesqueira,   directivos da Asociación que respalda a esta importante entidade marinense.

Ao longo das exposicións de todos eles explicouse a realidade do Museo, de cómo se iniciou como unha idea incipiente que foi crecendo ata o punto en que despertou o interés de moitas persoas propietarias de pezas e coleccións relacionadas co mar, a pesca y as embarcacións as cales foron depositando no museo elementos importantísimos que lle dan o valor que merece. Quedou patente a necesidade dun local máis amplo debido a que neste momento, atópase prácticamente colmatado e é moi difícil se non imposible, recibir máis material interesante simplemente por falta de sitio onde expoñelo.

Hoxe é o día dos novos creadores.

Abocados xa ao final desta primeria experiencia do festival que deixa bo sabor de cara á sua progresión en edicións posteriores, hoxe, día 24  será a quenda da categoría de novos/as creadores/as, coa proxección das seguintes curtas a partir das 19.00 horas:

  • Cantiga, de Ángela Castro
  • Nostra In Mare Fortuna, de Álvaro Martínez
  • Treito, de Carolina Segovia
  • Dorna, de Antón Guerrero
  • Vogar, de Andrea de la Iglesia
  • Voltar do mar, de David Pérez-Rodrigo Santiago

Unha vez rematadas as proxeccións, a partir das 20.00 horas, Marcos Gallego, director da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, un certame colaborador, que presentará a proxección de tres pezas:

  • Singlando do Albán, de Tito Pérez, presentado no certame no 2021
  • Atalaia/Piueiro, de Xisela Franco, mención especial do certame no 2022
  • Tatuado nos ollos levamos o pouso, de Diana Toucedo, mellor película da mostra do 2022

O sábado punto e final coa Gala de clausura

O sábado a partir das 19.00 horas celebrarse a gala de clausura, na que se entregarán os premios deliberados por un xurado formado por Diego Santaclara e Diego M. Barcia, de Trece Amarillo; dous representantes do Museo do Mar, Lukas Santiago e Dani Antelo, director do John Balan Fest.

Haberá Sardiña de Ouro, Sardiña de Prata, Rodaballo de Ouro e Mención especial e proxectaranse de novo todas as curtas que resulten gañadoras.

Para clausurar o acto, ás 20.00 horas, proxectarase Carpintaría de ribeira. Fasquiando o futuro, de Agalcari

roslev