Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG anuncia para o mércores 28 o seu mitin de campaña na alameda de Marín coa presencia de Bieito Lobeira

Carriola.BNG.26.05.24.

julio@carriola.es.

O Consello Local do Bloque Nacionalista Galego de Marín ten o pracer de anunciar un acto de campaña para as vindeiras eleccións ao Parlamento Europeo liderada por Ana Miranda, unha figura clave no nacionalismo galego e na defensa dos dereitos de Galiza. O evento celebrarase o vindeiro 29 de maio, ás 20:30 horas, na Alameda Rosalía de Castro de Marín.

No acto participarán Lucía Santos Omil, portavoz do BNG, Davinia Lojo, futura concelleira e Bieito Lobeira, candidato número dous ás eleccións europeas. Estes poñentes abordarán temas clave relacionados coa importancia da representación galega no Parlamento Europeo e as propostas do BNG para defender os intereses de Galiza en Europa.

O BNG de Marín convida a toda a veciñanza a asistir a este acto, que representa unha oportunidade única para comprender a relevancia das eleccións europeas para o futuro de Marín e de Galiza.

roslev