Carriola.Redacción.25.05.24.
julio@carriola.es.
Rematou o “I Festival de Cine do Mar” auspiciado polo “Museo do Mar” de Marín co apoio de OPROMAR, o Concello e outras entidades e, o derradeiro acto, tivo lugar esta tarde coa entrega dos premios de certamen e as últimas proxeccións cinematográficas.

Moito público asistiu á derradeira gala do festival
O premio “Sardiña de Ouro” foi para o audiovisual na categoría de “novos readores” ,para a obra “Voltar do mar” de David Pérez e Rodrigo Martínez outorgado polo xurdo especial do f3estivalmenresw que a “Sardiña de Prata” por elección do público asistente recaeu na obra “Vogar”, de Andrea de la Iglesia.
Na categoría do Ensino, o colexio Carballal gañou o “Rodaballo de Ouro” polo audiovisual presentado polo seu alunado con título “Mergullo nas Rías” mentras que o Xurado decidiu outorgar ao colexio Sequelo unha Mención Especial pola obra “U-los mariñeiros en Marín”.
Recolleron os premios os autores dos mesmos a excepción de David e Rodrigo, imposibilitados de asistir por motivos de traballo, pero representados por un irmán de David que tamén enviou un saúdo en pantalla, e tamén ausente representación algunha do Colexio Sequelo polo que a Mencion Especial recolleuna a concelleira de Educación, Marián Sanmartín.
Intervencións
No capítulo das intervencións cabe sinalar a de Andrea de la Iglesia, gañadora da Sardiña de Prata, do irmán de David Pérez e da directora do colexio Carballal, todos eles na liña de agradecer os premios e animar ao Museo do Mar a continuar con esta labor da organización dun festival que chhegará a ser moi importante polo bo rendimento que xa tivo nesta primeira edición.

Intervención da alcaldesa María Ramallo; a dereita Lukas Santiago alma máter do Festival
Interviu a alcaldesa María Ramallo que incidiu na felicitación e palabras de ánimo ao Museo do Mar destacando o esforzo que desde esa institución se fixo para levar a cabo este festival coa esperanza de que continús celebrándose en anos vindeiros. Asimesmo dedicou parte o seu breve discurso aos participantes aos que felicitou e animou a continuar tamén nesta tarefa de coñecer, saber e facer cine sobre todo coas cousas do mar ao que a historia de Marin està tan apegada.

Natalia e Mayka, xente do cine que asistiu á gala
Finalmente o portavo do Museo, Xosé María Vilaboa pechou o acto para agradecer a todos os que partticiparon e apoiaron o evento enumerando a todos e cada un dos organzismos e empresas que fixeron posible o seu desenrolo ao longo de toda a semana e máis atràs durante moitos días de preparación do festival, dedicando un especial recoñecemento a Lukas Santiago como eixo do evento desde o seu coñecenento do medio audiovisual e a dedicación que lle prestou desde que se xestou a organziación do Festival.
Termina aquí o ciclo de cine audiovisual que marca o inicio do que pode chegar a ser una cita importante e en Carriola sentímonos satisfeitos do deber cumprido non en van temos resistradas 19.567 visitas á nosa páxina desde o comenzo do evento o pasado martes e ás que haberá que engadir as que se orixinen coa presente información, seguimento e atención que agradecemos a os nosos incondicionais e esporàdicos seguidores.