Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Lois González abre un furancho para recuperar a venta do viño propio que os seus pais facían hai medio século

Carriola.Redacción.06.06.24.

julio@carriola.es.

Chámase “O Furancho de Lois” e podemos engadir  “De Lois González Dopazo” coñecido personaxe no concello marinense e por suposto no rural de onde é procedente, pola súa participación frecuente no mundiño cultural e a súa profesión de fisioterapia na que ten sonado recoñecemento dentro e fora das nosas fronteiras locais

E Lois acaba de dar un paso máis no mundo da tradición, esta vez recuperando una vella actividade dos seus pais que tempos atrás, vendían o viño recollido nas fincas propias a veciños y tabernas marinenses, abre un “furancho” , ese invento puramente galego que asombra a propios e visitantes e moviliza a centos de persoas todos os días polo rural adiante e en lugares aos que hai que acceder con alguén para que chos mostre ou sería imposible chegar con ben.

Viños da casa e de calidade

Lois indícanos que o viño que ofrece no seu firanzo que abre hoxe xoves e todo o fin de semana (venres e sábado) é “O excedente da nosa colleita: viño branco pero sobre todo tinto das variedades Garnacha, “Alicante ou “Caíño e engade “Pero non faltarán tampouco as tapas permitidas neste tipo de establecementos para acompañar ao viño como empanadas caseiras variadas, tortillas ou ovos  con patacas, zorza, orella con pataca cocida  ou uns callos caseiros dos que, cada día, ofreceranse catro delas”
...E por encargo para celíacos e veganos

Un dos problemas que hoxe teñen moitas familias ou persoas de calquera eidade cando acuden a un establecemento de comidas é o do celiaquismo o alerxias varias, pero neso tamén pensou Lois: Por encargo faremos empanada e pan con millo corvo da nosa colleita para os clientes celiacos e veganos que tamen poderán solicitar o resto de clientes.
O Furancho Lois dispón dun local debidamente  acondicionado tanto no interior como unha ampla zona debaixo da parra onde se poden degustar tanto os viños como as tapas e manter unha agradable conversa

Tradición familiar recuperada

Un aspecto importante para Lois González é o carácter tradicionalmente familiar desta súa nova actividade primaveiral Con este Furancho estamos recuperando unha tradición dos meús pais que xa nos anos 70 do século pasado con unha gran producción de viño, abillaban na bodega  ademais de vender a tabernas do Concello aínda que hoxendia co cambio de normativa cumprimos con tódolos requisitos e abrimos este Furancho autorizado polo Concello de Marín atendendo a quenes nos visiten os xoves e venres en horario de 20 a 24 h. e, os sábados, de 12 a 15 h e de 20 a 24 h.
Como chegar ata o Furanco Lois

Sabida é a dificultade en moitas ocasións da localización dos furnchos  repartidos por todo o noso rural. Un loureiro colocado en lugar visible pode ser un bo sinal de que por alí anda o bo viño da casa pero, neste caso, Lois explícanos como chegar ao seu: Para poder achegarvos ao Furancho Lois debedes facelo desde a carretera PO-313 (Marín -Moaña) e a altura da fábrica de Lirón tomar a pista de Macenlle que queda a esquerda subindo e desde ali seguir a sinalización e loureiros.
Moi importante, tal como apountamos anteriormente, é informar que se pode reservar comida apta  para celíacos, alérxicos a lactosa  ou veganos nos teléfonos 610 893 461 ou  678 600 374, teléfonos  que estàn á disposición para todos. 

“Agardámosvos no Furancho Lois, será unha grata experiencia, remata este novo “furancheiro”

roslev