Carriola.Redacción.08.07.24.
julio@carriola.es.
Responsables do Museo do Mar de Marín valoraron onte positivamente o resultado da primeira edición do “Festival de Cine do Mar” celebrado a pasada semana que tivo unha notable incidencia de espectadores o que anima a este entidade a iniciar xa a preparación da segunda edición do evento
Desde a directiva do Museo do Mar de Marín, organizadores do I Festival Cine do Mar, manifestan nun comunicado “a súa satisfacción coa acollida entre o público do evento estimando en perto das 800 persoas as que pasaron polo festival nas súas cinco xornadas. enchendo o Cine Seixo na xornada inaugural e tamén a Biblioteca Pública Vidal Pazosen todos os días desta primeira edición”.

María Vázquez foi a madriña da primeira edicion do festival
Un éxito coa temática axeitada
Desde o Museo do Mar califícase como “Un éxito esta iniciativa despois de que hai uns anos empezamos a traballar no eido audiovisual e xurdiu a idea de crear un festival de cine. Nun momento en que non había ningún en Marín, a diferenza de todos os concellos do redor e pensamos por que non podería haber un festival de cine en Marín? co mesmo razoamento que levou a crear o propio Museo do Mar polo que, xa que se ía crear desde o Museo, tiña que estar centrado no mar”.
En Galicia xa hai moitos e moi bos festivais de cine e tampouco se trataba de repetirse. En cambio só había un festival de cine centrado no mar, e na provincia da Coruña por iso pensaron os responsables da entidade “que era algo natural que fora un festival desta temática, por partir do noso museo. Pero ademais sabemos o interese que o mar desperta en Marín e en toda Galicia, así que tamén nos pareceu acertado á hora de crear un festival novo, desde cero, desde un punto de vista práctico, á hora de posicionarse estratexicamente. E finalmente, o que naceu como unha obriga, a temática do festival, converteuse nun gran acerto”.
Promocionar aos novos creadores e incidir no Ensino
“Por outra banda - engaden - tamén tiñamos claro que queriamos impulsar un espazo dedicado ao ensino e aos novos e novas creadoras, e nesta primeira edición creamos estas dúas categorías, co obxectivo de fomentar a creación audiovisual na infancia e a mocidade, pero tamén porque no Museo do Mar estamos convencidos da necesidade de realizar actividades dirixidas á xente nova, para a transmisión da memoria dos nosos maiores e a divulgación do patrimonio marítimo, e tamén da concienciación medioambiental e da importancia da conservación dos mares e océanos, e porque eles son o futuro”.
Coa ilusión de proxección futura
Desde o Museo do Mar , visto o resultado desa primeria edición, expresan o desexo de manter a continuidade deste festivla en próximas edicións “Nacemos como un festival pequeno e humilde, con poucos medios, e agora queremos ir paso a paso, mellorando ano a ano polo que imos empezar a traballar xa na próxima edición que xa podemos asegurar que vai ser mellor que esta cerrixindo algúns pequenos erros que cometemos. Iimos intentar mellorar a programación, chegar a máis centros de ensino que participen, aumentar a cantidade de actividades paralelas, conseguir máis patrocinios de empresas e entidades relacionadas coa pesca e co porto de Marín ou incrementar o número de categorías da competición oficial; estas son algunhas das liñas nas que imos traballar.”
Atopar as mellores datas no calendario anual
Por outra banda, refirense a idoneidade da colocación no calendario anual do festival para dar maior facilidade de participación e asistencia “Outro aspecto que xa podemos anunciar é que imos cambiar as datas de celebración porque, cando decidimos as de este ano, foi co calendario na man, por unha cuestión de prazos e non tivemos en conta a celebración doutros festivais, porque o noso era algo humilde e tampouco era a intención competir con outros Pero despois de elaborar as bases, decatámonos de que coincidía co Festival de Cans e xa era tarde para cambialo. Ademais varias persoas do mundo do ensino indicáronnos que estas eran as peores datas para os centros de educación polo tanto, agora temos que sentar e elixir a semana do ano que resulte a mellor opción”.
Pois con estas declaracións podemos dicir que xa está convocada a segunda edición do Festival do Cine do Mar en Marín