Carriola.Ateneo S.C.12.06.24.
julio@carriola.es.
“MAREXADAS”
O Ateneo Santa Ceclia inaugura esta tarde a exposición colectiva a cargo dos artistas: Xela Area Pesqueira (Placeres_Pontevedra), Txaro Marañon (Vitoria-Gasteiz ), Rafael Pérez (HaroLogroño).
“MAREXADAS” é a definición de un movemento tumultuoso de grandes olas, aínda que non é borrasca, seu semellante é oleaxe, tumbazón, axitación , excitación, exaltación. En feminino, Mariña, en meteoroloxía:
1) Movemento moderado, de 0,5 a 1,25 metros de altura.
2) Exaltación de ánimos, sinal de desgusto, murmuración ou censura manifestada sordidamente por varias persoas que soen preceder o verdadeiro barullo
Con todas estas definición e semellantes , queremos darlle visibilidade a través da cerámica onde os nosos sentimentos amosasen a través da expresión, concepto e creatividade.
No que arriba define “MAREXADAS” queremos facer un chamado de atención por todo o que se está a perder e destrozar con un comportamento antinatural por parte do ser humano, que a se amosar todo o que está a acontecer o noso arredor, sucesos catastróficos, que concorren cada vez máis desencadeando infinidade de situación perturbadoras para un futuro que xa é presente.
Facendo unha reflexión sobre todo o que acontece, prantexámonos unha pregunta: ¿É necesaria tanta crueldade e tanto maltrato o que nos aporta beleza, equilibrio, benestar e que nos alimenta e nos coida?
Estaría ben que puideramos sentir mar………. “MAREXADAS” as temos sempre, nós agora sentímonos con inquietude, axitación e desgusto… que amosamos coa nosa obra.
Artistas participantes
*Xela Area Pesqueira (Placeres_Pontevedra): Ceramista e Escultora, cursou Estudos de Artes Prásticas, especializándose en cerámica e escultura, leva expoñendo dende 1981 por tóda-la nosa xeografía, Córdoba, Alicante, Euskadi, Barcelona, Zaragoza, Malaga, Sevilla, por citar os máis relevantes.
*Txaro Marañon (Vitoria-gasteiz):Estudou na Escola de Artes e Oficios de Vitoria Gasteize asistiu en Holanda o Ceramic Millenium. Comezou cóa arxela e foi axuntando varios materiais coma o plástico, gres, obxectos recuperados e ata sons pero sempre en contraposición á arxela. Expuxo en Francia varias veces, Portugal, no Museo Nacional de Cerámica en Valencia, no CERCO de Zaragoza, Córdoba e en varias ocasión en Galicia.
Acadou varios premios coma o 1º no Certame Internacional Vila de Loeches, no de Valladolid ,Castelló e Alcorcón.
*Rafael Pérez (Haro-Logroño): Cursa estudos na Escuela Massana de Barcelona e foi elixido en 2017 Miembro de la Academia Internacional de Cerámica. Leva expoñendo dende 1986 por toda España e toda Europa e en lugares tan distantes coma Xapón , China , Corea, Taiwán, Australia, Exipto, Túnez ,Israel, Chile ou os Estados Unidos.