Carriola.Redacción.18.06.24.
julio@carriola.es.
Niobe Barreiro, Anxo Blanco e Xairo Ribadulla proclamados campións galegos nas súas respectivas categorías e o club Ría de Marín deixou a mostra da súa calidade no deporte do remo polo que, ademáis das medalla conseguidas neste campionato, un grupo dos seus remeiros viaxará a Sevilla para competir no próximo campionado de España
O Club de Remo Ría de Marín participou esta fin de semana no campionato galego de remo de pista no que acadou 7 medallas. O grupo estaba formado por 16 remeiros en 9 tripulacións que voltaron para casa con 7 metais: dous ouros, tres pratas e dous bronces. sendo estes os resultados:
Cadetes:
Anxo Blanco e Xairo Rivadulla: campións galegos en 2- masculino

Xián Gutiérrez: subcampión galego cadete en skiff masculino

Gonzalo Pesqueira, Rodrigo Luengo, Hugo Rosales, Hugo González, Mauro Fernández : subcampións galegos en 4+ masculino
Xuvenís:

Niobe Barreiro: campiona galega en skiff femenino
Saioa Iglesias: bronce en skiff femenino

Breogán Fariña: subcampión galego en skiff masculino
Damián Otero: 4º posto en skiff masculino
Absolutos:

Adrián Pazos: bronce en skiff
Pilar Vázquez: 4º posto en skiff
Esta é a derradeira proba para estas categorías no calendario galego, un pequeno grupo deles viaxará a próxima fin de semana a Sevilla para competir no Campionato de España.