Carriola.Lucía Santos Omil (*) (R).23.06.24.
julio@carriola.es.
Nove meses depois, o Parque dos Sentidos continúa nun estado lamentable debido á falta de mantemento.

O pasado mes de setembro do 2023, o BNG solicitou ao goberno municipal a intervención urxente no Parque dos Sentidos polo grave estado de abandono no que se atopaba. Dada a situación de deterioro do parque, trasladamos a pleno municipal unha moción solicitando a atención e actuación inmediata e a realización dunha restauración integral do Parque dos Sentidos, restituíndo o material danado e desgastado.
Lucía Santos, voceira do BNG, indica que esta moción, aínda que aprobada por unanimidade dende a corporación municipal, continúa sen executarse, o que supón que o estado do Parque dos Sentidos nove meses depois sigue a ser lamentable debido a esta falta de mantemento.
Trasladamos á Comisión Informativa de Turismo e Comercio as graves deficiencias que sigue presentando este espazo, tales como:

- O mal estado da pasarela de madeira na zona do estanque.
- As bancadas do auditorio con madeiras rotas e pezas de pedra despegadas.
- O espazo do lavadoiro anegado de auga por filtracións.
- O mal estado de varias esculturas de madeira.
- O estado de abandono da área de herbas aromáticas.
- Pezas rotas na área do parque infantil.
- Falta de limpeza e mantemento en todo o parque.
Non damos crédito á deixadez total e absoluta do goberno municipal nunha pésima xestión do PP que alcanzou límites insospeitados, polo que solicitamos á presidenta da Comisión Informativa, Cristina Acuña, a intervención inmediata e sen excusas para a restauración de todo o material danado para o uso e desfrute da veciñanza.
O Parque dos Sentidos é un espazo único, especial, un pulmón verde no centro da vila e cun gran atractivo turístico que o Concello de Marín debería publicitar con orgullo, polo que resulta inaceptable o aspecto de abandono que presenta, especialmente ao comezo da época estival, ofrecendo unha imaxe descoidada dunha zona de lecer tan singular. Dende o BNG de Marín continuaremos apostando polo noso.
(*) Lucía Santos Omil, portavoz do grupo municipal do BNG en Marín