Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Club de Remo Ría de Marín consegue unha medalla de prata no campionato de España.

Carriola.C.R. Ría de Marín.24.06.24.

julio@carriola.es.

Esta fin de semana celebrouse en Sevilla, nun ambiente moi caloroso, o campionato de España de remo olímpico, onde o club de remo Ría de Marín ven de acadar uns bos resultados. O club marinense participou neste campionato con seis tripulacións nas categorías cadete, xuvenil e absoluta.

Xian Gutiérrez no podio

Na categoría cadete participaron un dobre sen temoneiro compostos por Anxo Blanco e Xairo Rivadulla que conseguiron a terceira praza na final B eo skiffista Xián Gutiérrez que conseguiu subirse o segundo chanzo do podio.

Na categoría xuvenil na modalidade de skiff, Breogán Fariña e Saioa Iglesias quedaron as portas das semifinais nas súas respectivas regatas, mentres que Niobe Barreiro tamén en skiff clasificouse para a final e obtivo unha meritoria quinta praza.

Para rematar xa, na categoría absoluta, Paula García e Breogán Fariña facendoProxima cita os mais novos no Campionato Gale equipo mixto en dobre scull PR3 obtiveron a segunda praza da final B.

Próxima cita os máis novos no Campionato Galego

Con esta regata remata a tempada para estas categorías, tendo novas probas para os máis cativos do club o próximo fin de semana co campionato Galego.

Lembramos que segue aberto o prazo de inscrición para o curso de verán que se desenvolvera en dous grupos entre finais de xullo e mediados de agosto. Toda a información nas redes do club.

roslev