Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Felicitación do BNG de Marín ao instituto Illa de Tambo polos bos resultados obtidos polos seus alunos na ABAU

Carriola.Grupo municipal do BNG.27.06.24.

julio@carriola.es.

O grupo municipal do BNG manifestamos estar orgullosas do éxito acadado polo IES Illa de Tambo, resultado que evidencia que o ensino público galego ten a capacidade de preparar ao alumnado para os retos do futuro”

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) felicita ao Instituto de Educación Secundaria Illa de Tambo polo seu notable desempeño na Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU). O centro acadou unha media superior a 7 na fase xeral da proba, situándose entre os 85 colexios e institutos galegos que superaron esta barreira.

A ABAU é un exame crucial para o alumnado galego, xa que os seus resultados determinan o acceso á universidade. Conseguir unha media superior a 7 na fase xeral, que inclúe cinco materias obrigatorias, é un indicador significativo da calidade educativa do centro.

O BNG quere recoñecer o esforzo e a dedicación do alumnado, profesorado e todo o persoal do instituto, destacando así a calidade do ensino público. O grupo municipal do BNG, manifestamos estar orgullosas do éxito acadado polo IES Illa de Tamboe porque este resultado evidencia que o ensino público galego ten a capacidade de preparar ao alumnado para os retos do futuro.

Este logro non só recoñece o esforzo e dedicación da comunidade educativa, senón que tamén reflicte a capacidade do sistema educativo público para ofrecer unha formación integral e de alto nivelsendo un piar fundamental para garantir un futuro brillante para os nosos mozos e mozas,

Continuaremos apoiando e defendendo a educación pública galega, traballando para que todos os centros educativos conten cos recursos necesarios para seguir ofrecendo unha educación pública de calidade.

 

 

roslev