Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O PP en contra de construir un aparcamento en altura en Cantodarea

Carriola.Manuel Pazos Lamoso (*).29.06.24.

julio@carriola.es. 

Construir un aparcamento en altura onde está o esqueleto do que ía ser o mercado de Cantodarea para uns 90 vehículos, é fundamental para favorecer a rehabilitación de vivendas en Outeiro, Cantodarea e Pedreiras e serve para desconxestionar outros aparcamentos como praza do Regueiro ou Sagrada Familia. ¿Que alternativa propón María Ramallo para eses barrios?”.

 

O PSOE de Marín propuxo no pasado pleno municipal crear un aparcamento en altura onde agora se atopa o esqueleto do inacabado mercado de Cantodarea, xusto no límite con Pontevedra pola estrada vella. Con esta proposta preténdese favorecer a rehabilitación de vivendas nos barrios de Outeiro, Cantodarea e Pedreiras ao crear un equipamento clave para que a xente poida vivir ali e deter o deterioro actual da zona. Ao mesmo tempo beneficia atodolos veciños de Concepción Arenal e Avenida de Ourense ao desconxestionar outros aparcamentos como o da praza do Regueiro ou Sagrada Familia, actualmente moi saturados.

Para o PSOE trátase dunha equipación imprescindible para que se poida producir a rehabilitación paulatina das vivendas desa zona ao tratarse dun servizo básico sen o cal xa se ve que a zona vai abandonándose pouco a pouco. De pouco servirá declarar unha Área de Rehabilitación Integral e dar axudas á rehabilitación de vivendas se estas carencen dun servizo tan básico como o de aparcamento.

Segundo as contas do propio goberno municipal este aparcamento permitiría, a falta de maior concreción pola súa parte, 70 prazas de aparcamento e tería un custo de 14.000€ por praza. Parécenos curioso que ese prezo lle pareza alto cando no parking do Eguren están plantexando unha concesión que fará que cada praza custe 80.000€.

Para os socialistas é decepcionante o voto en contra do PP e a abstención do BNG, e achaca a María Ramallo non ter ningunha alternativa para Outeiro, Cantodarea e Pedreiras e de deixar morrer o barrio coa súa inacción.

roslev