Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Abel Losada, subdelegado do Gobierno, visitou onte as obras da Avenida de Ourense xunto coa alcaldesa María Ramallo

Carriola.Subdelegación do Goberno (R).29.06.24.

julio@carriola.es.

Abel Losada visita as obras da avenida de Ourense, en Marín, e subliña o exemplo do Goberno na colaboración con tódolos concellos destacando a gran calidade da transformación dun tramo de case 1,6 Km dende a entrada en Marín ata a praza de España.As máquinas retiraranse cara finais de ano e o ámbito da PO-11 será traspasado ao Concello

 

Alcaldesa y Subdelegado durante la visita a las obras

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, visitou onte as obras de humanización da PO-11 no tramo urbano de Marín, coincidente coa Avenida de Ourense. Acompañado pola alcaldesa, María Ramallo, e polo xefe provincial de Estradas, Pablo Domínguez, destacou que con esta actuación ponse de manifesto a vontade de colaboración do Goberno de España “que lle vai ceder este tramo urbano en magníficas condicións ao Concello, beneficiando a toda a veciñanza de Marín e aos milleiros de persoas usuarias desta vía pública”.

Abel Losada recalcou que o Goberno mostra en Marín a súa vocación municipalista” e avanza: “seguiremos traballando man a man con todos os concellos particularmente no capítulo de investimentos, como entendemos que deberían facer tódalas administracións”. “Esta actuación é un bo exemplo do que debería ser a colaboración institucional”, explicou.

Orzamento

O orzamento da obra, que executa o Ministerio de Transportes con fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, ascende a 1.119.358,61 €. e as obras comezaron en marzo e desenvólvense a un bo ritmo, coa previsión de que poidan estar rematadas a finais de ano. Está prevista a ralentización durante o verán para prexudicar o menos posible ao tráfico rodado.

Cooperación municipal

O subdelegado agradeceu a cooperación activa do Concello, “que colaborou activamente no deseño desta obra de humanización, que supón unha mellora moi importante en termos de seguridade e accesibilidade para os peóns nunha entrada fundamental ao centro urbano de Marín”. Abel Losada explicou que a intervención “permite gañar en racionalidade, pois tras esta obra todo o tramo urbano da PO-11, ata o remate na farola da praza de España, pasará a ser de titularidade municipal, respondendo así ao acordo plenario adoptado”.

Transformación do tramo

As obras abranguen o tramo de case 1,6 Km entre Cantoarea e a praza de España, polo que supoñen na práctica a transformación da arteria fundamental do centro urbano de Marín. O deseño baséase nunha gran ampliación do ancho das beirarrúas na beira interior, creando unha ampla superficie destinada aos peóns e solucionando problemas de accesibilidade existentes ata o de agora. As vivendas, a hostalería e o tecido comercial da zona xa comeza a beneficiarse deste novo espazo peonil tal e como puideron comprobar o subdelegado e a alcaldesa nun paseo pola zona. Esta importante ampliación foi posible ao suprimir o sobreancho na superficie asfaltada que había na beira contigua ao porto.

A glorieta, elemento diferencial

O outro elemento diferencial da obra é a construción dunha glorieta no cruce, regulado agora por semáforos, no punto quilométrico 5+050. Esta rotonda vai supor unha importante mellora na fluidez da circulación e tamén na seguridade viaria ao favorecer os xiros. Deste xeito eliminarase o actual semáforo. En canto ao aparcamento, mantense a disposición en batería no lado do porto e en liña na beira do interior.

Saneamento e augas

A actuación xa superou a fase máis complicada tralo remate da instalación das tubaxes dos servizos municipais de auga, saneamento e pluviais, así como os cruces transversais na calzada. Por último, tamén se procederá á renovación integral do firme e da sinalización, así como á colocación de novos farois e luminarias, así como á dotación de mobiliario urbano.

roslev