Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Desde o BNG reclamamos solucións urxentes ante a falta de aparcamento en Marín

Carriola. Lucía Santos Omil (*).02.07.24.

julio@carriola.es.

Lamentamos que o goberno do PP non tomase en serio a necesidade de buscar novas prazas de aparcamento e, grazas á súa prepotencia e á continua ridiculización das nosas propostas, é a veciñanza a que padece a dificultade para acceder á vila, e o comercio local sofre as consecuencias.

Temos que manifestar a nosa profunda preocupación polo recente recoñecemento do goberno do Partido Popular (PP) sobre o grave problema de falta de aparcamento en Marín, unha situación que levan anos negando. Sería conmovedor que recoñeceran a realidade, se non fose porque levamos anos instándoos a traballar en solucións.

Desde o BNG, sempre se defendeu a creación de espazos peonís como unha prioridade.  pero non se pode actuar coa improvisación que caracterizou ao goberno do PP durante os últimos 13 anos. Para abordar o problema do aparcamento, en 2022, o BNG propuxo un estudo de viabilidade para a construción dun aparcadoiro na parcela situada na rúa Dichosa, en Tiro Naval Janer, o único espazo no centro da vila identificado no PXOM para uso dotacional. Ademais, no pasado mes de abril, o BNG suxeriu iniciar negociacións para utilizar unha parte do solar de Méndez Núñez para crear aparcadoiros temporais.

Lamentamos que o goberno do PP non tomase en serio a necesidade de buscar novas prazas de aparcamento. No último pleno municipal, o BNG destacou a necesidade de implementar solucións para calmar o tráfico, como a implantación dun sistema de transporte urbano que conecte as parroquias co centro da vila, medida que garda coherencia co Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Marín (PMUS), aprobado en abril de 2022, que inclúe un total de 45 accións. No entanto, 26 meses despois, a práctica totalidade destas medidas seguen sen desenvolverse por parte do grupo de goberno e isto exemplifica como os plans obrigatorios son utilizados politicamente para obter fondos europeos, pero raramente se trasladan á realidade.Instamos ao goberno de María Ramallo a crear unha mesa de estudo para analizar en profundidade as liñas de traballo a desenvolver.

Temos tamén que expresar a nosa preocupación ante a chegada da época estival, coas próximas festas do Carme e nos preguntamos se ten o goberno municipal alternativas para aparcar en Marín. Poderán aparcar quen se despraza a Marín para traballar? Poderá a veciñanza que non vive no centro acceder á vila?".

Exhortamos a María Ramallo a dar solución ao problema que o seu equipo de goberno creou e cuestionou se este é o modelo de xestión que o PP quere para Marín.

(*) Lucía Santos Omil é a Portavoz do grupo municipal do BNG.

 

 

 

roslev