Carriola.Estrela.03.07.24.
julio@carriola.es.
Tralo sorteo efectuado na sede social da asociación, con motivo da "Campaña Estrela", a gañadora foi Mercedes García Fernández.
Mercedes selou a súa tarxeta nos comercios Julia Novegil, Five Sport e Bule Bule polo que disporá de 3 vales compra de 50€ para consumir nestes establecementos. Neste caso, Mercedes forma parte do club de fidelización de “Comercio do Morrazo”, polo que recibirá na súa tarxeta de fidelización 50€ a maiores. Recordamos que formar parte do club de fidelización é gratuito, e polas compras efectuadas, acumúlase unha porcentaxe do importe das vendas.
O acto de entrega do premio tivo no comercio Five Sport, no transcurso do mesmo o gañador recibeu os 200€, en vales compra. Nesta edición, efectuanse 7 sorteos polo que en total sorteamos 1.400€ en tarxetas regalo.
Esta campaña conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio.