Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Os Cantos de Taberna apodéranse hoxe de Marín co “I Certame” no que participan oito agrupacións

Carriola.Redacción.06.07.24.

julio@carriola.es.

Hoxe estase a celebrar o “I Certame Cantos de Taberna” ao longo de todo o día en Marín, unha actividade que tivo que ser suspendida hai unhas semanas polo mal tempo pero que se recupera para hoxe en que nada menos que oito grupos diversos participan ao longo da xornada

Así, ás doce do mediodía comenza o percorrido polos distintos establecementos hosteleros, en teoría tabernas, de casco urbano do rosario de grupos que participan na festa no tramo da mañán. “Cantareiras de Marín”, “Fentos e Frouma”, “Son da Illa”, “Palleta Mollada” e “Son do Peto” irán pasando polos bares para animar unha mañán que non será outra cousa que un aperitivo das actividades das festas de xulio que están a punto de iniciarse  nesta vila.

Concerto pola tarde na alameda

Pola tarde a actividade será na alameda Rosalía de Castro onde xe está instalada unha plataforma sobre a que actuarán os grupos de cantos de taberna propiamente ditos, “Os Firras”, de O Grove; “A de Sabas” de Baiona e os marinenses “Saljariteiros” que son os organizadores de esta especial xornada de exaltación do tradicional canto de taberna que noutros tempos tanto facían sobre todo os grupos de mariñeiros cando se atopaban en terra polo quincenal.

A actividades organizada por Saljariteiros conta co patrocinio do Concello, , a Diputación Provincial e “ENCE”.

roslev