Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Alerta sobre a incorrecta sinalización nas obras de Jaime Janer

Carriola.Lucía Santos Omil (*).13.07.24.

julio@carriola.es.

É fundamental reubicar os semáforos en puntos estratéxicos e visibles para evitar riscos e garantir a fluidez do tráfico e, ante esta situación, o BNG insta ao Concello de Marín e á empresa responsable das obras a tomar medidas inmediatas. Principio del formularioFinal del formulario

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Marín expresa a nosa preocupación pola sinalización incorrecta nas obras que se están a realizar na rúa Jaime Janer. Esta situación está a xerar inconvenientes e riscos tanto para os peóns como para as persoas condutoras, debido á mala ubicación dos semáforos temporais, que está a provocar confusión e incrementando o risco de colisións.

É fundamental reubicar os semáforos en puntos estratéxicos e visibles para evitar riscos e garantir a fluidez do tráfico e tamén para mellorar a seguridade na circulación, Foron retirdos, temporalmente, os contedores de lixo situados na rúa Jaime Janer, xa que a illa de  diante do número 139 dificulta a visibilidade aos vehículos que acceden dende a rúa Recamán.

Desde o BNG instaos ao Concello e á empresa responsable das obras a tomar medidas inmediatas para corrixir a sinalización. A este respecto, recomendamos ás persoas condutoras que extremen a precaución ao circular pola zona afectada e, aos peóns, prestar atención ás zonas de paso habilitadas e evitar cruzar fóra dos lugares sinalizados.

O BNG de Marín comprométese a seguir de preto esta situación e a colaborar estreitamente coas autoridades competentes para garantir que as obras na rúa Jaime Janer se leven a cabo de maneira segura e eficiente, minimizando calquera tipo de risco para a cidadanía.

(*) Portavoz do grupo municipal do BNG.

 

roslev