Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Marín preséntase ante o mundo cun novo flyer turístico e un Virtual Map no que percorrer a vila en dixital

Carriola. Concello de Marín. 18.07.24. 
A proxección turística de Marín cada vez trata de ser maior para poder ofrecer información e servizos a aqueles que nos visitan durante estes meses de verán pero tamén durante o resto do ano. Esta mañá, a concelleira de Turismo, Cristina Acuña, presentou o novo flyer turístico que está dispoñible tanto na Oficina de Turismo como na propia Casa Consistorial e no Museo Municipal Manuel Torres. “Trátase dunha revistiña coa que queremos ofrecer a que nos visita todos os atractivos de Marín. É difícil concentralo todo nun libriño coma este, pero polo menos será unha boa aproximación para coñecernos máis de preto”.

De feito, a concelleira promocionou especialmente un recurso dixital que se acompaña na guía, un Virtual Map que permite percorrer como nun paseo virtual algúns dos puntos turísticos e patrimoniais máis relevantes da nosa vila e que se pode
consultar a través da seguinte ligazón: https://www.concellodemarin.es/turismo/

Acuña explica que Marín “ten moito potencial a nivel turístico, pola nosa contorna a nosa riqueza e tradición, o noso ocio e posibilidades, pero aínda temos o traballo de dalo a coñecer máis como un destino turístico sostible, no que unir os intereses de quen nos visita cos da veciñanza”.

roslev