Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Concello de Marín fai un balance moi positivo dunhas festas do Carme marcadas pola presenza da Princesa de Asturias

Carriola. Concello de Marín. 22.07.24

Marín segue vibrando co seu verán pero xa pode facer un balance do que foron asFestas do Carme deste 2024. Un balance "espectacular", segundo fontes municipais, que apuntan a unhas festas exitosas, cunha enorme afluencia de veciñanza e visitantes a todas as actividades programadas polo Concello. Orquestras, concertos, pasarrúas, actividades infantís, DJs... Con estas festas"tratamos de chegar a todas as persoas e a todas as idades, porque sabemos queson uns días nos que a nosa vila está chea de xente e hai que tratar de diversificara actividade", apuntan desde o Goberno local.Aínda que queda moito verán, o Carme sempre será un momento especial naépoca estival, tanto no centro urbano de Marín, onde tamén se puido desfrutar da III Festa dos Viños da IXP Ribeiras do Morrazo, como no núcleo de Seixo, ondecelebraron esta fin de semana as súas festas, en colaboración con Acemas.

Un Carme marcado pola presenza da Princesa de Asturias

Ademais, estas festas tamén estiveron marcadas pola estreita relación entre Maríne a Escola Naval Militar, onde virá estudar próximamente a Princesa de Asturias. A súa presenza na entrega de Reais Despachos supón o primeiro acontecemento do que será a súa estancia na vila.

roslev