The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

De mañán a domingo celebrarase a sexta edición do “Stock Marín” coa participación de 22 establecementos locais

Carriola.Redacción.01.08.24.

julio@carriola.es.

A Concelleira de Turismo e Comercio, Dª Cristina Acuña e o Director Xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, D. Yonathan Carreira, presentaron onte a VI Edición de Stock Marín”. A montaxe desta edición, farase aproveitando todo o largo da Alameda, instalándose 22 carpas individuais con variedade de artigos

Os establecementos participantes, ofrecerán a uns prezos extraordinarios (descontos desde o 60%) productos relacionados cos seguintes sectores: moda home – muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, bisutería, informática, alimentación, papelería, cosmética e perfumería, material escolar e xoguetería.

O horario de apertura 

O Horario de apertur das carpas será de 11 a 14.00 e de 18 a 22 e a entrada será gratuíta. Segundo daclarou onte Jonathan Carreira, xerente do “Centro Comercial Local Estrela de Marín”, Consideramos que nestes momentos, este evento é unha boa ferramenta para poder darlle saída aos stocks acumulados por mor da actual situación económica e do retraemento do consumo.

Inauguración e participantes

O acto de inauguración, terá lugar o venres día 2 ás 13horas coa presencia da alcaldesa do Concello de Marín ,María Ramallo e a presidenta do CCA Estrela de Marín, Catalina Conde, ademais doutras autoridades locais.

Os establecementos participantes, todos eles de Marín, son: A Mi Love, Acolá, Alma Libre, Bambino, Beep, Bolboreta, Calzados Inés Marcos, Carmencitas, Ché-B-re Delirious?, Deportes Xesta, El Armario de Alia, El Rincón de Niky Complementos, Espazo Lector Nobel, Five Sport, Inés & Marcos, Paíno & Maína, Servilar Decoración, Tamara Onlinee, Tamara Piel, Toscana Store e Varita Mágica.

Agradecemento

Desde o colectivo comercial, mostrouse  “O agradecemento á predisposición do Concello, a colaborar con esta VI Edición de Stock Marín, xa que asume parte dos custos da montaxe e dos custos do control e vixianza do evento que tamén conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia”.

Marín volverá a estarar moi animado este próximo fin de semana ao coincidir este evento comercial que atrase a numerosas persoas interesadas nas ventaxosas ofertas da diversidade de artigos nos 22 postos, coa celebración do “Son de Marín” que encherá de música e animación o centro urbano, especialmente durante os días venres e sábado.