Carriola.Lucía Santos Omil(*).13.08.24.
julio@carriola.es.
O BNG solicita ao Concello unha intervención para limpar e desinfectar a Rúa Ribeira de Abaixo coa finalidade de garantir o benestar da veciñanza

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) solicitou no pleno do pasado 8 de agosto unha intervención para limpar e desinfectar a Rúa Ribeira de Abaixo, tras recibir queixas da veciñanza sobre o estado lamentable da mesma. A presenza de cristais rotos, restos de lixo e verdello acumulado nas escadas da rúa está a xerar preocupación entre os residentes.
Como voceira do BNG, subliñei a necesidade de que o Concello actúe para mellorar as condicións de salubridade na Rúa Ribeira de Abaixo, entendendo que non se pode permitir que unha rúa tan emblemática se converta nun foco de perigos e insalubridade.
O BNG destaca que a protección do espazo público e o coidado das rúas son responsabilidades compartidas, nas que o Concello debe asumir un papel proactivo para asegurar que todas as zonas de Marín manteñan un estado axeitado de limpeza.
(*) Lucía Santos Omil é a voceira do grupo municipal do BNG.