Carriola.Redcción.14.08.24.
julio@carriola.es.
Como cada terceiro domingo de agosto, data sempre en torno a do fusilamento de Carmen Pesqueira Domínguez, a Asociación pola Memoria Histórica de Marín organiza un acto de homenaxe no seu recordo que este ano será na Roda ás 13 horas

Este domingo, día 18 de agosto, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, organiza o acto de lembranza e homenaxe a Carmen Pesqueira Domínguez, “A Capirota”, na praza que leva o seu nome, situada na Rúa da Roda.
O acto comezará ás 13 h., contará coa intervención do profesor, investigador e escritor Miguel A. Cuña, da Fundación Cuña-Casasbellas, e a música

de Andrés Pena.
“A Capirota”, como é recordada Carmen Pesqueira, foi unha muller loitadora en defensa dos dereitos dos traballadores e, pola incomodidade que causaba co seu espíritu reivindicativo, foi fusilada no Pozo da Revolta, un rincón lúgubre como poucos naquel ano do 1936.
A Asociación pola Memoria Histórica de Marín que preside Queta Otero Molas organiza cada ano este acto no mesmo Pozo da Revolta aínda que, nesta ocasión, anúnciase a súa celebración na prazoleta da Roda onde figura o seu nome na placa indentificativa de dito lugar.