The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Luis López unha mellora da mobilidade e seguridade vial entre Campo e Pardavila cunha inversión de 1,2 millóns de euros

Carriola.Dip.Prov. (*).21.08.24.

julio@carriola.es.

O Goberno provincial aprobou onte o convenio para realizar as obras que permitirán mellorar as condicións de seguridade e mobilidade coa creación dunha senda peonil

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe en conferencia de prensa a aprobación dun convenio co Concello de Marín a través do cal se destinarán preto de 1,2 millóns de euros para mellorar a mobilidade peonil na EP-1203. Unha actuación que, como destacou o presidente provincial, “será financiada ao 100% desde a Deputación, xa que o Concello recibiu unha achega de 360.000 € do Plan +Provincia para sufragar a súa parte”. Desta maneira, tan só terá que encargarse de aportar os preto de 45.000 € para afrontar as expropiacións necesarias para as obras.

Mellora da seguridade e mobilidade

As obras permitirán mellorar as condicións de seguridade e mobilidade para peóns e vehículos na zona que conecta as estradas provinciais EP-1202 e a autonómica PO-313, dando accesibilidade ao núcleo de Ruanova, onde se construirá unha senda peonil para ofrecer un mellor tránsito ás persoas e ordenar a convivencia co tráfico rodado.

Luis López asegurou no transcurso da súa compareceicna: “Con iniciativas como estas seguimos avanzando na transformación das estradas provinciais desta provincia para alongar a súa vida e garantir a seguridade”.