Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Aparcamento en Marín: Danzar no aro da peneira

Carriola.Aarón Franco (*)24.08.24.

julio@carriola.es.

A peonalización das vilas é un obxectivo prioritario nas políticas europeas de mobilidade sostible, deseñadas para mellorar a calidade de vida da veciñanza mais cando non se planifica adecuadamente sen ter en conta as necesidades reais da cidadanía pode xerar dificultades como a falta de aparcamento. En Marín, este desaxuste na planificación está a contribuír a unha situación na que a peonalización, en lugar de mellorar as condicións de vida, está a dificultar o acceso e a mobilidade, xerando problemas que afectan ao tecido social, económico e ambiental da vila.

Aarón Franco

A falta de espazo para aparcamento en Marín é un problema que se vén agravando dende hai uns meses e que está a provocar unha serie de consecuencias que non poden ser ignoradas. Non só se trata dunha cuestión de comodidade para a veciñanza que necesita atopar un lugar onde deixar o seu vehículo. Ademais, é unha cuestión discriminatoria en función do poder adquisitivo de cadaquén, pois non todo o mundo pode pagar o prezo do aluguer dunha praza de garaxe.

A situación, xa complicada, vese exacerbada por decisións urbanísticas desafortunadas, como a construción do futuro auditorio ao carón do porto, o que eliminou prazas de aparcamento, ou as obras na avenida de Ourense, que tamén deixaron sen espazo a moitos veciños e veciñas. Todo isto, sumado á falta dunha planificación a longo prazo, coloca a Marín nunha encrucillada: é preciso tomar medidas efectivas para paliar un problema que non só afecta a quen conduce, senón a toda a comunidade, pois o caos está instalado permanentemente nas horas puntas do día, perxudicando isto o día a día de quen precisa usar o coche si, mais tamen perturba a quen non o utiliza e pretende facer un uso peonil dos espazos urbanos.

Cómpre dicir, porque ao César o que é do César, que o Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentou unha serie de propostas que, a diferenza das ideas do Partido Popular (PP), non buscan despistar á cidadanía con proxectos inviables,

como o micro aparcamento soterrado de pago de apenas 200 prazas no Parque Eguren -e que hipotecaría durante a súa construción o uso e desfrute do propio parque e conlevaría, tamén, a eliminación de parte da súa masa arbórea- senón que propoñen alternativas que dentro do espectro político marinense, son as que máis se achegan á realidade e ao día a día.

Xa no seu momento, alá polo ano 2022, o BNG propuxo un estudo de viabilidade para a construción dun aparcadoiro en altura -de menor custe económico e cun período construtivo moi inferior a o dun de tipo subterráneo- na parcela situada na rúa Dichosa, en Tiro Naval Janer, o único espazo no centro da vila identificado no PXOM para uso dotacional. Posteriormente, no mes de abril deste mesmo ano, o BNG suxeriu iniciar negociacións para utilizar unha parte do solar de Méndez Núñez para crear aparcadoiros temporais. Neste últimos meses solicitaron no Pleno a creación dunha Mesa da Mobilidade para a búsqueda activa de solucións.

É innegable que o enfoque racional e sostible destas propostas merece unha análise seria e unha discusión que vaia máis aló das liortas partidarias, pero sobre todo, máis alá do voto en contra do PP nos plenos municipais aos que a formación nacionalista achegou estas propostas. Que desde o goberno municipal únicamente se achegara o voto en contra a propostas do grupo nacionalista fronte a inacción propia, non deixa de ser unha falta de consideración ante as propias iniciativas pero por riba de todo é unha falta de sensibilidade inmensa cara ás veciñas e veciños que padecemos unha seria problemática na nosa vida diaria.

A conxestión do tráfico, o aumento da contaminación e a repercusión negativa nos negocios locais son síntomas dun problema que non só diminúe a calidade de vida das persoas residentes, senón que tamén pon en risco o futuro económico da vila. Os comercios sofren a falta de clientela debido ás dificultades para aparcar. Proba disto é o inmenso número de comercios que pecharon nas últimas semanas e outros tanto que teñen pendurado o cartel de "Traspásase".

Por iso, cabe salientar o pragmatismo das propostas levadas adiante pola formación que lidera Lucía Santos que aposta pola reutilización de espazos infrautilizados, como solares abandonados ou terreos municipais, medidas que permitirían aumentar a capacidade de aparcamento de maneira rápida e cun custo reducido. Estas propostas non requiren de grandes obras nin investimentos faraónicos, senón que se centran en sacar o máximo proveito do que xa temos, unha filosofía que debería ser a norma en calquera administración que pretenda xestionar os recursos públicos de maneira eficiente.

Por outra banda, o fomento do uso do transporte público e da mobilidade sostible é unha necesidade imperiosa nunha vila que se afoga no seu propio tráfico. Mellorar a rede de transporte público cos municipios da contorna, facéndoa máis accesible e eficiente, non só reduciría a dependencia do coche, senón que tamén melloraría a calidade de vida da veciñanza, reducindo a contaminación e desconxestionando as rúas. É necesario implementar con urxencia un servizo municipal de transporte público que conecte o casco urbano cos barrios e parroquias. Asemade, a promoción do uso da bicicleta e a creación de infraestruturas axeitadas para este medio de transporte son tamén medidas lóxicas nunha vila que precisa repensar a súa relación co espazo público.

En conclusión, a falta de aparcamento en Marín é un problema urxente que esixe solucións prácticas e realistas. É fundamental que as autoridades locais asuman a responsabilidade e traballen de maneira colaborativa para desenvolver un plan de acción que realmente responda ás necesidades de Marín.

(*) Veciño e Autónomo

roslev