The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Carriola da opinión

Carriola. Luis Vilas (*).31.08.24.

A DERIVA DO SANMIGHELEIRO

Atopándonos a un mes do vindeiro San Migheleiro, quería deixar aquí uns apuntamentos e reflexións de cara a súa celebración, e tamén sobre o papel dos bares participantes.

Unha cousa positiva que hai que recoñecer, é que por primeira vez en anos non houbo ningunha polémica premigheleira. A primeiros de xullo quedou fixada a celebración para o 28 de setembro na axenda municipal, e sen discusión. Como non, o último sábado de setembro.

Que hai que apuntar e reflexionar, entón? Pois hai un par de días achegouse onda mín un hostaleiro. O motivo: pediume que eliminara o nome do seu local da lista do SanMigheleiro. Este é un bar que leva moitísimos anos formando parte da ruta. E xa vos digo que non é un local que esté agochado nun cruce de canellóns, nin fica alonxado nunha rúa periférica. Falamos do centro, centro.

Pregunteille a razón e contou que xa non lle merecía a pena; que non lle quedaban ganas. Que eran horas de preparativos, e tamén gastos, cunhas expectativas que ao final non se cumprían. Que estas últimas edicións os migheleiros apenas lle pasaban por alí. Pouca xente e de modo fugaz. Pero suliñou que, sobre todo, porque o SanMigheleiro perdera a súa esencia.

Nos últimos anos varios locais foron caendo da ruta, por diferentes razóns. Por exemplo, o cese de actividade; o peche do bar sempre é unha mágoa. Outros bares, pola contra, viron incompatible a actividade do seu negocio coa festa tal como é, sobre todo aqueles que viven da cociña. Totalmente comprensible. Como tamén hai moitos negocios que nunca quixeron formar parte da festa, e nunca apareceron na ruta. Unha decisión máis que respetable.

Pero esta é a primeira vez que un bar decide non participar no SanMigheleiro pola deriva da propia festa, porque xa non lle gusta. Bueno…, minto. O ano pasado outro local céntrico estaba decidido a deixar a ruta, e os argumentos eran exactamente os mesmos. Pero ao final convencino para que quedara.

Non minto se digo que son bastantes os hostaleiros que, aínda que seguen participando na ruta, opinan do mesmo xeito. E, por suposto, a estos hailles que sumar a moitos migheleiros, veciños e amigos marinenses, que comparten esa crítica respecto das últimas edicións. A nosa festa non pode evolucionar hacia algo que non é o SanMigheleiro, e esquecer totalmente a súa esencia.

O Maratón SanMigheleiro Sen Traxe (repetireino unha vez máis) é a gran xuntanza da xente de Marín. Os grupos e peñas de amigos coincidimos para facer un roteiropolos auténticos centros sociais da nosa vila: os bares e as tabernas. O Gran Día do Orgullo Marinense, unha celebración do reencontro; ese día que Marín “SÍ MOLA” (digan o que digan os detractores.) Esa data ao ano que os marinenses deciden quedar en Marín, e non só nós, os residentes, senón que tamén moitos que fan vida fóra da súa terra e volven para a ocasión.

Unha festa orixinada pola xente e desde o inicio vinculada estreitamente aos bares amigos. O SanMigheleiro necesita aos bares, e os bares necesitan ao SanMigheleiro. Se perdemosbares deste xeito e por este motivo (non polo seu peche, senón por rexeitar a deriva da festa) mal vamos..

Somos moitos os que coincidimos coa mesma impresión: a ruta do mediodía mantén gran parte desa esencia, pero pola tarde ésta esmorece convertíndose noutra cousa. A ruta deixa de existir. A xente non chega a moitos bares dos que están na lista, e se aparecen migheleiros, estos son contados. E a causa de que?

Pois resulta que a este evento colectivo que chamamos o SanMigheleiro saíulle unha competencia pouco leal: os DJ´s.

Explícome. Estou falando de negocios que aproveitan a cobertura municipal que se lle dá á festa do SanMigheleiro para facer eventos propios e que arrastran a gran parte dos participantes. Este feito perxudica á dinámica tradicional do migheleiro e, por suposto, a moitos negocios, compañeiros neste evento colectivo. E non me estrañaría que sexan máis os bares que opten por marchar. En qué momento o SanMigheleiro pasou de ser unha ruta de bares a se converter nunha ruta de DJ´s?

Porque unha cousa é ter música na rúa, ambientando a festa na contorna do teu local e outra é crear un evento propio montando unha discoteca en espacio municipal.

Aquí ninguén está en contra de que os negocios fagan moreas de cartos. A cuestión é que esto non se produza a costa de perxudicar aos demáis, e sobre todo, cargándose a idea orixinaria da nosa festa.

E non, non estou solicitando a prohibición de eventos con DJ´s dentro da celebración do SanMigheleiro. Por suposto que non. O que digo que se manteña unha marxe suficiente de tempo para que os bares incluidos na ruta podan ter o seu momento e a súa afluencia de xente, sen obstáculos, antes de que estes pinchadiscos fagan a súa aparición.

Por iso mesmo creo que para esta próxima edición do SanMigheleiro, estas DJ Sessions non deberían empezar antes das dez da noite. Penso que así habería marxe suficiente para todos os bares teñan a súa oportunidade. Aquí podemos comer todos.

(*) Luis Vilas é hostelero en Marín e un dos promotores históricos da festa de San Migheleiro'