The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Xunta lembra que se poden solicitar ata o día 30 as axudas para a creación de empresas de base tecnolóxica e a xeración de empresgo cualificado

Carriola.Cons. Emprego (R).03.09.24.

julio@carriola.es.

Cun orzamento de medio millón de euros, contémplanse achegas para os gastos do primeiro ano, as contratacións indefinidas, a conciliación e a función de xerencia . Por cada contratación indefinida no primeiro ano poderá recibirse un mínimo de 6.000 euros que se verán ampliados a 8.000 € no caso de que se incorporen desempregados menores de 30 anos, mulleres ou emigrantes retornados.As persoas beneficiarias poden optar a 3.000 euros para contratar servizos de coidado de menores e maiores e de ata 10.000 € para formación en toma de decisións e/ou contratación de análises ou estudos externos para a mellora da actividade.Desde a orixe en 2001 desta iniciativa pioneira no Estado, a Xunta favoreceu a creación dun total de 2.224 postos de alta cualificación e de 406 empresas consideradas IEBT

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración lembra que ata o 30 de setembro segue aberto o prazo de solicitude das axudas autonómicas para impulsar iniciativas de base tecnolóxica (IEBT). Cun orzamento de medio millón de euros, búscase atender os gastos destes emprendedores durante o primeiro ano de actividade, con achegas de ata 24.000 euros para a creación directa de emprego estable ou de ata 30.000 para o inicio e posta en marcha da actividade.

Este programa, con 23 anos de traxectoria, busca impulsar o espírito emprendedor entre persoas investigadoras e tituladas universitarias. A Xunta quere favorecer que o resultado dos seus traballos desemboquen na creación de iniciativas empresariais e dinamizar, así, o emprego científico e tecnolóxico.

Previa cualificación realizada por equipos especializados -para asegurar mellores perspectivas de consolidación e permanencia dos proxectos-, esta medida recolle apoios económicos para facilitar o lanzamento das iniciativas en catro eidos: para a creación directa de emprego estable (achegas de ata 24.000 euros), inicio e posta en marcha da actividade (ata 30.000 €), conciliación da vida persoal, laboral e familiar (ata 3.000 euros) e apoio á función xerencial (máximo 10.000 €).  

A axuda mínima de 6.000 euros por persoa desempregada incorporada para a creación de postos de traballo indefinidos durante o primeiro ano de funcionamento verase ampliada este ano, por primeira vez, ata os 8.000 euros, nos casos nos que o traballador sexa menor de 30 anos ou maior de 52, se é muller ou se trata dun emigrante retornado ou estranxeiro. Ademais, seguiranse a incrementar as achegas cun 25% extra acumulables se o centro de traballo se atopa nun concello rural, entre outros supostos.

Os gastos de posta en marcha da actividade inclúen os derivados dos servizos de notaría e rexistro, compra de materias primas, arrendamento do local ou equipamentos, seguro, publicidade e páxinas web.

Os apoios á conciliación permitirán sufragar ata o 75% dos custos dos servizos de coidado de menores, maiores ou dependentes que contraten os impulsores das iniciativas e, mentres, os apoios económicos á  función xerencial inclúen achegas para a formación do empresario e/ou para a realización externa de análises, estudos ou informes.

Balance IEBT

Desde a orixe en 2001 desta iniciativa pioneira no Estado, a Xunta favoreceu a creación dun total de 2.224 postos de alta cualificación e de 406 empresas consideradas IEBT, a razón dunha media de 17 firmas por ano. A maior parte dos proxectos desenvolvéronse no ámbito das actividades científicas (44% das novas iniciativas) e da información e comunicación (29,8%).

O impulso do emprendemento especializado en tecnoloxías supón un piar fundamental para captar e manter o talento neste relevante sector para a economía galega, integrado por máis de 3.000 empresas, que dan emprego a 22.000 persoas.