Carriola.Redacción.05.09.24.
julio@carriola.es.
A “Escola Municipal de Música” que ten os seus locales no Parque de Briz, ten aberto o prazo de matrícula para o presente curso desde o día dous, prazo que será pechado o trece de setembro
Segundo comunica o Concello mediante unha nota de prensa, a Escola Municipal de Música xa ten aberto desde o 2 de setembro o proceso de matrícula para o curso 2024-2025. Poderá facerse en horario de tarde desde ese día e ata o 13 de setembro, de 17.30 a 20.00 horas, no propio local da Escola.
Tamén haberá unha opción en horario de mañá, do 16 ao 27 de setembro, de 10.00 a 12.30 horas.
Disciplinas
As disciplinas que se ofertan son:
o Música e movemento: de catro a sete anos
o Iniciación á música, sen límite de idade
o Informática musical
o Linguaxe musical
o Educación auditiva e vocal
o Violín, viola
o Piano
o Preparación de acceso a conservatorio
o Estudos de grao elemental e profesional