Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG pide que o concello traslade á Deputación a necesidade da mellora da estrada de acceso a Loira

Carriola.BNG (R).17.09.24.

julio@carriola.es.

Na última Comisión Informativa de Rural celebrada o pasado 5 de setembro, a voceira do BNG, Lucía Santos, trasladou queixas veciñais polo estado da estrada EP-1204, no tramo que corresponde ao acceso ao núcleo de Loira.

A estrada presenta unhas fochancas importantes cunha enorme brecha pola que se poden ver as canalizacións de auga e saneamento.

Non é a primeira vez que Lucía Santos advirte da aparición de fochancas nesta estrada. Nos últimos meses, esta é a terceira ocasión en que se informa desta situación. A pesar de que os servizos da Deputación Provincial, titular da estrada, foron tapando os buracos, estes volven aparecer en diferentes lugares debido ao mal estado xeral da vía.

A voceira do BNG solicitou ao concelleiro de rural, Pablo Novas, trasladar á Deputación Provincial a necesidade de acometer unha actuación integral en todo o tramo da estrada antes de que se produza un accidente, dado que presenta un serio perigo de afundimento que preocupa á veciñanza de Loira

roslev