Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo decántase este ano na oferta de cursos encadrados no que son as “Novas Tecnoloxías”

Carriola.A.S.C..20.09.24.

julio@carriola.es.

Entrados no mes de setembro, estamos a programar os cursos que imos a ofertar tanto a socios como non socios e nste ano imos a ofertar dúas actividades diferentes pero encadradas no que se denominan novas tecnoloxías.

Por unha banda queremos dar a coñecer o curso titulado "OBRADOIRO DE ARTE DIXITAL", dirixido a rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO que consiste en aprender a debuxar no portatil ou ordenador de sobremesa con tableta (dispositivo informático móvil no que non existe un teclado físico), o que permite unha perfecta definición do debuxado como poden comprobar no cartaz anunciador que anexamos. Terá a duración do curso escolar e realizarase un día á semana en horario de 17 a 19.

Por outra banda ofertamos un taller a celebrar en dous sábados de outubro (19 e 26) de 10 a 13 horas, titulado "CREACIÓN DE CONTIDOS AUDIOVISUAIS", dirixido a persoas maiores de 15 anos  e para o que so é necesario ter un móvil. 

Matrícula ata o 11 de outubro

O prazo de matrícula queda aberto desde este momento e ata o día 11 do mes de outubro.

Desde o Ateneo esperamos que resulten de interés as citadas propostas, e para mais información poden contactar co Ateneo en horario de 18:00 a 20:30 horas, de luns a venres.

Queremos comunicar tamén que os socios de Musimarín poderán asistir a estes curso pagando precio de socio, debido a que temos un convenio de colaboración entre as dúas asociacións que beneficia tanto aos nosos socios que queiran asistir ás clases da escola de música como aos seus que queiran asistir ás nosas actividades

roslev