Carriola.A,S.C..23.09.24.
julio@carriola.es.
O ATENEO SANTA CECILIA inaugura mañán martes 24 de setembro ás 20:00H a exposición multidisciplinar que leva por título "CONSTRUCTO VARIABLE DUN INSTANTE" , unha mestura de pintura e poesía a cargo dos artistas: Isabel Ramírez (Pintura) Tina Otero (Poesía) e Manuel Muñoz (Pintura) , presentada por Antón Castro, Comisario catedrático de Arte
Biografías dos autores
ISABEL RAMÍREZ (Pintura) A pintura de Isabel quere expresar a esencia estrutural que constitúe o universo, onde a combinación das cores e as formas xeométricas son belos patróns universais de creación
MANUEL MUÑOZ (Pintura) Na súa andaina persoal e profesional como terapeuta, observou na última década están a producirse cambios a nivel consciencial derivados de grandes ondas de enerxía, que canalizada correctamente a través de certos códigos de luz poden desfacer condicionamentos para expandir a visión do observador
TINA OTERO. Adicada á poesía, especialmente ós HAIKUS, participando en diversos proxectos relacionados coa arte no centro Dragon art.
Os haikus son poemas breves que case sempre falan de momentos relacionados coa vida cotiá nun lugar ou momento concreto, relacionados coa natureza.
A mostra será visitable nos horario habituais do Ateneo ata o día 12 de outubro.