Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Trinta casas de Coirados aínda non dispoñen de servizo municipal de auga

Carriola.Lucía Santos Omil (*).19.10.24.

julio@carriola.es.

Non se pode permitir que a veciñanza de Coirados siga sen contar cun servizo de auga público e sen unha solución clara e urxente a un problema que leva anos sen resolver

Dende o ano 2020, as vivendas situadas na marxe dereita da PO-313, dirección Moaña, seguen sen servizo de auga e saneamento malia a súa demanda reiterada. Nese mesmo ano, o goberno municipal realizou un proxecto para dotar de auga o lugar de Coirados, aproveitando a construción dunha senda peonil, mais a obra só deu servizo ás vivendas situadas na marxe pola que discorre a senda, deixando fóra arredor de 30 casas na outra marxe.

En agosto de 2020, o BNG levou ao pleno municipal a petición da veciñanza para que se estendera o servizo de auga e saneamento ás vivendas afectadas, pero o goberno do Partido Popular ignorou esta demanda. Estas familias levan décadas dependendo de recursos propios, como pozos e fosas sépticas, para cubrir as súas necesidades básicas nunha situación insostible e inadmisíbel para os tempos que vivimos.

Non foi até 2023 cando o goberno municipal anunciou a contratación dun proxecto técnico para dotar de servizo de auga e saneamento a un tramo dun quilómetro que beneficiaría a un pequeno núcleo de vivendas en Coirados. Porén, un ano despois do anuncio, a realidade para moitas familias segue sendo crítica: unhas 15 vivendas continúan sen acceso a auga potable, o que levou a que algunhas delas se vexan obrigadas a abandonar as súas casas.

A traída veciñal que abastecía estas vivendas xa non é suficiente, e moitas delas non teñen espazo para pozos privados, polo que a única solución posíbel é a conexión ao servizo público polo que no O BNG consideramos que a situación destas familias, sen un servizo básico como é a auga, non pode seguir sendo ignorada.

Por todo isto, instamos ao goberno municipal do PP a destinar de inmediato os recursos necesarios para iniciar canto antes as obras que garantan a dotación de servizos públicos a todas as vivendas afectadas en Coirados. Non se pode permitir que esta veciñanza siga desamparada e sen unha solución clara e urxente a un problema que leva anos sen resolver.

Lucía Santos Omil é a portavoz municipal do Bloque Nacionalista Galego.

 

roslev