Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Casa da Cultura de Santo Tomé de Piñeiro acollerá o domingo o gran magosto preparado pola Asociación Cultural

Carriola.Redacción.23.10.24.

julio@carriola.es.

Continúa o programa de magostos que, co apoio do Concello,  iniciouse o pasado fin de semana cos celebrados en Campo e Moreira respectivamente y o próximo domingo será na Casa de Cultura de Santo Tomé de Piñeiro na que a asociación Cultural da parroquia retoma a tradicional festa popular do asado das castañas tras catro anos de “pausa” por diversos motivos.

A festa iniciarase ás catro da tarde coa posta en marcha dun obradoiro de cabazas seguido da representación da obra teatral “O LIbro Máxico” a cargo do grupo “Migallas” e todo mentras o lume asa as castañas que se repartirán despois entre os asistentes despois das seis e media da tarde.

A participación no magosto de Santo Tomé de Piñeiro será gratuita para os asociados do colectivo veciñal organizador e, os que non o son, han de abonar unha colaboración de 5 euros se son adultos ou 3 se son cativos.

Santo Tomé de Piñeiro, a forza veciñal

Membros da comisión da Festa da Sidra

Santo Tomé de Piñeiro está dando exemplo da forza asociativa veciñal e, así como a Asociación Cultural ten convocada esta festa do outono que é o magosto, hay ben poucos días, os veciños desta parroquia marinense organizáronse para no deixar que se perdera a “Festa da Sidra e a Mazá” que, un ano máis xuntou unha morea de persoas chegadas de toda a contorna que disfrutaron do programa preparado para ese evento que, para a próxima edición cumplirá vintecinco anos da súa celebración..

roslev