The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O presidente Rueda Crespo anuncia que a Residencia da Fundacion Amancio Ortega en Pontevedra recibirá pronto os primeiros residentes

Carriola.GdeC.Xunta.31.10.24.

julio@carriola.es.

A RESIDENCIA IMPULSADA POLA FUNDACIÓN A FAO entrega chave en man á Xunta o complexo no barrio pontevedrés da Eiriña, lugar que lle dá tamén nome á infraestrutura, para a súa incorporación á rede pública autonómica, tras un investimento que supera os 25 millóns de euro

O Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Ruedam anuncióu onte que está previsto que sexa no primeiro semestre de 2025 cando a terceira das sete residencias nacidas froito da colaboración do Goberno autonómico e a Fundación Amancio Ortega (FAO) inaugurada en Pontevedra comece a recibir os primeiros usuarios. Así o asegurou durante o acto de entrega deste centro pontevedrés, situado no barrio da Eiriña –lugar que lle dá nome ao complexo–, en compañía da presidenta da Fundación, Flora Pérez Marcote, e da conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García.

Integramente financiada pola FAO

Esta nova residencia, financiada integramente na súa construción e equipamento pola FAO, entrégase chave en man á Xunta para integrarse na rede pública, segundo o convenio asinado o 13 de novembro de 2019 co Executivo autonómico. Conta con 120 prazas —distribuídas en 42 habitacións dobres e 36 individuais—, zonas de atención especializada —con salas de terapias e consultas médicas— e servizos de comedor, podoloxía, ximnasio, salas de convivencia, lavandería ou salón de peiteado, entre outros. Unha mostra do carácter vangardista do centro son as unidades psicoxeriátricas coas que conta, para a atención ás persoas con alzhéimer e outras demencias. Con este novo centro, contan xa con prazas públicas máis de 16.000 persoas en Galicia, máis do triplo que en 2009.

180 milóns de Euros para o proxecto, 25 en Pontevedra

En total, a aportación da FAO para o proxecto das sete residencias en Galicia é de 180 millóns de euros, superior a cantidade prevista inicialmente, debido á calidade do proxecto construtivo e o carácter vangardista do equipamento instalado, e suporá a creación de máis de 800 empregos. Nas cidades da Coruña e Ferrol os traballos de construción están en plena execución, e nos estadios de tramitación urbanística as residencias de Ourense –acábase de recibir a licenza municipal para o inicio da construción– e Vigo.

A FAO investiu máis de 25 millóns de euros na construción e o equipamento deste centro de Pontevedra. Rueda agradeceu o compromiso, implicación e dedicación da Fundación Amancio Ortega no eido social que se traduce en proxectos coma estas residencias públicas que van construír —para ampliar en 900 as prazas da rede pública autonómica—, as escolas infantís impulsadas en oito concellos ou os centros interxeracionais de Ourense e Arteixo.

Fundación

A Fundación Amancio Ortega desenvolve as súas actuacións en áreas fundamentais para o benestar social: a educación, a saúde e a mellora dos servizos asistenciais ás persoas máis vulnerables.

Ademais do proxecto de centros de atención integral a maiores e as escolas infantís entregadas á Xunta, ao longo dos anos a FAO facilitou a creación, entre outros, da sede de Proxecto Home en Galicia e o centro de atención integral de Amencer-Aspace en Vigo, o Centro de formación de Aspace en Sada e o Centro Integral de Asistencia Social da Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos, estes dous na provincia de A Coruña. Recentemente vén de asinar un convenio coa asociación ASPANANE para a creación dun centro residencial para persoas con discapacidade intelectual na localidade de Xove (Lugo).

O mellor envellecemento posible

O presidente asegurou que o Goberno autonómico comparte ese compromiso coa atención e mellora de calidade de vida dos maiores. Algo que, segundo apuntou, se plasma no feito de que nos orzamentos do vindeiro ano se reserven 600 M€ –dos 1.323 M€ cos que contará a Consellería de Política Social e Igualdade– para a atención ás persoas maiores e mellora dos servizos sociosanitarios.

Nesta liña, o Goberno galego reforzará os apoios en 2025 para este colectivo, tanto os que precisan coidados como os que gozan de boa saúde e teñen plena autonomía, con medidas como o Bono Coidado no Fogar de 5.000 euros ao ano para todas as persoas dependentes coidadas na súa casa; o complemento de 1.200 euros para as que xa contan cun bono para cofinanciar o centro residencial que desexe; e o Carné +65, con descontos para os maiores en establecementos, servizos ou ocio.