Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O “Club de Remo Ría de Marín” a punto de rematar o desenrolo do seu proxecto sobre tradición mariñeira e remo cofinanciado polo GAL, a Xunta e a U.E.

Carriola.CdR Ría de Marín.01.11.24.

julio@carriola.es.

Máis de 300 persoas participaron nas actividades do proxecto " O remo: legado dos nosos mariñeiros que manteñen os nosos xóvenes"

O Club de Remo Ría de Marín finaliza este mes o proxecto "O remo, legado dos nosos mariñeiros que manteñen os nosos xóvenes". Trátase dun proxecto cofinanciado pola GALP da Ría, a Consellería do Mar e a Unión Europea, que se creou coa finalidade de achegar ao sector máis xoven da poboación o mundo do remo, do mar, da tradición e do respeto polo medio ambiente.

Ao longo de sete meses, entre maio e novembro deste ano, realizáronse diversas actividades que tiñan como finalidade mesturar o remo coa herdanza mariñeira, para achegar estes temas dun xeito innovador, inclusivo e atractivo para as novas xeracións.

Tres fases dun proxecto

O proxecto "O remo, legado dos nosos mariñeiros que mateñen os nosos xóvenes" contou con tres fases.

* Nunha primeira actuación, durante maio e xuño, o club visitou os colexios marinenses de educación primaria do Sequelo, Inmaculada, Carballal e A Laxe e tamén  A Carballeira en Pontevedra. Con estas visitas formativas a rapazada que asistiu tivo a oportunidade de aprender sobre o remo e as súas orixes, con especial énfase na promoción desta práctica deportiva e poñendo en valor o patrimonio cultural e ambiental mariñeiro a través do remo.

* Nunha segunda fase do proxecto, durante o verán, o Club de Remo Ría de Marín colaborou coas entidades Centro Príncipe Felipe e Asociación Down Pontevedra. Usuarios e usuarias destes centros visitaron en varias ocasión o club marinense e moitos deles tiveron a oportunidade de practicar por primeira vez un deporte náutico. Esta colaboración coas dúas entidades pontevedresas permitiu converter o remo nunha ferramenta de integración social, ao achegar a tradición do mar e os deportes náuticos a estos mozos e mozas.

* Na terceira e última fase do proxecto, desenvolvida nos meses de outubro e novembro, o Club de Remo Ría de Marín organizou unas xornadas de concienciación ambiental, dirixidas aos integrantes do club.

Concienciación ambiental

Nestas xornadas realizáronse actividades de recollidas de lixo en entornos mariños, en concreto nas augas da ría e nas rutas Cantodarea- O Cabo e e portocelo- Mogor. A última actividade de recollida de lixo realizarase o vindeiro 17 de novembro entre a sede do club e a Praia de Mogor.  A finalidade destas xornadas é utilizar o contexto do remo para fomentar a concienciación ambiental, alertar sobre a problemática da contaminación mariña e promover o coidado do mar.

roslev