Carriola.Redacción.06.11.24.
julio@carriola.es.
A Praza de Abastos de Marín acollerá o próximo venres día 8 unha das sesións do programa “PescadeRías” de Xunta de Galicia dedicada aos consumidores con actividades destinadas a un mellor coñecemento do peixe e o seu consumo
Desde as dez da mañán a Praza de Abastos de Marín convertirase, o próximo venres día 8, nun verdadeiro obradoiro de coñecemento e degustación dos peixes das nosas rías nun programa que conten unha visita guiada polo recinto da praza recoñecendo as especies en oferta nos seus postos tras o que terá lugar un obradoiro de tamaños mínimos e unha demostración en directo do cociñado de productos do mar de tempada e a súa degustación.
Inscripción previa
As persoas interesadas en participar neste evento deberán ter en conta que, dada a limitación lóxica de prazas de participantes, han de facer a súa inscripción previa dirixíndose a: pescaderiasdeondesenon.cmrm@gmail.com