Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Movilidade e aparcamento” tema do acto público que o BNG organiza esta tarde na Biblioteca Municipal

Carriola.BNG (*).07.11.24.

julio@carriola.es.

O BNG de Marín organiza un encontro aberto hoxe, 7 de novembro, ás 20:30 na Biblioteca Municipal, para presentar propostas de accesibilidade e escoitar as inquedanzas da veciñanza

O BNG de Marín organiza hoxe xoves día 7 de novembro, un acto informativo aberto ao público para tratar cuestións clave de mobilidade e aparcamento no noso municipio. O evento, que terá lugar na Biblioteca Municipal de Marín ás 20:30 horas, ofrecerá un espazo para compartir propostas e escoitar as inquedanzas da veciñanza.

Propostas do Bloque

Este encontro ten como obxectivo presentar de primeira man as medidas que o BNG de Marín considera fundamentais para mellorar o acceso e a circulación en Marín. Durante o acto, abordaranse temas como a ampliación das prazas de aparcamento, a creación de bolsas de aparcamento disuasorias e a implementación de medidas de mobilidade sostible que faciliten os desprazamentos no centro urbano.

O BNG convida a toda a veciñanza a asistir e participar neste acto. Será unha excelente oportunidade para informarse sobre as propostas en mobilidade, expresar as súas opinións e sumar ideas para construír un Marín máis accesible e sostible para todos.

(*) Bloque Nacionalista Galego

roslev