Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Xornadas sobre a violencia de xénero desde todas as perspectivas en torno ao Día Internacional do 25 de novembro

Carriola.Redacción.09.11.24.

julio@carriola.es.

A violencia machista é un problema estrutural que debe abordarse desde distintos puntos de vista para poder seguir traballando na loita contra ela. Aínda que esta lacra social non entende de datas, o mes de novembro céntrase moito na reivindicación do seu rexeitamento, coa celebración o 25N do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

O Concello, a través do Centro de Información á Muller, está a preparar unha intensa programación con motivo deste día, na que se incluirán o proxecto “Xornadas de Violencia de Xénero: unha mirada integral”, que se celebrarán o 20 e 21 de novembro no Museo Manuel Torres, e que aínda que son abertas a toda cidadanía, están especialmente dirixidas a profesionais de ámbito sanitario, xurídico, policial, educativo e social.

Programa

O mércores día 20  

* Ás 16.30 horas Inauguración  a cargo da alcaldesa, María Ramallo, e da xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno de Pontevedra, María José Rodríguez Pérez.

* Ás 17.00 horas, darán comezo as mesas coloquio. A primeira estará cenrtrada no ámbito xurídico-policial, na que participarán a fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra, Paula Blasco Muela, e o xefe da Comisaría de Policía Nacional de  Marín, Javier Rodríguez Fos. Despois dunha pausa-café, será a mesa sobre intervención asistencial onde participarán a directora do Centro de Emerxencia de Vigo, María Elena Molanes Piñeiro; a referente en Pontevedra do Servizo de Teleasistencia a Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero, Silvia Abelleira Barros, e a responsable da coordinación do Punto de Encontro Familiar de Pontevedra, Andrea Abilleira Escudero.

O xoves, 21 ,segundo día das xornadas

*Aás 17.00 cunha mesa centrada no ámbito socio-sanitario, coa terapeuta do programa de Atención a Homes “Abramos o círculo” así como doutros programas, Raúl Casariego, e co axente de Igualdade do Concello de Lalín, Celso Taboada.

Ás 18.30, acto de clausura por parte da alcaldesa e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia, Roberto Barba Albedro.

Inscricións

Será preciso inscribirse a través da sede electrónica do Concello e poderá solicitarse certificado de asistencia.

 

roslev