Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Museo do Mar inicia os preparativos da segunda edición do “Festival Cine do Mar” que será no mes de Xuño

Carriola.Redacción.16.11.24.

julio@carriola.es.

O “Festival do Cine do Mar” celebrarase na semana do 23 ao 29 de xuño de 2025 na vila de Marín na súa segunda edición organizado pola Asociación Cultural por un Museo do Mar para Marín. O evento foi presentado onte nas instalacións do propio museo coa asistencia da concelleira Marián Sanmartín y vrios directivos da entidade.  

O Museo do Mar de Marín, desde a súa creación, ten como un dos seus obxectivos principais a recuperación da identidade mariñeira da vila de Marín, así como a conservación e divulgación do patrimonio cultural vinculado ao mar, a cultura marítima e mariñeira, especialmente entre as novas xeracións. Por outra banda, a lingua galega forma parte indisoluble da nosa cultura. Lingua e mar son dous elementos fundamentais para entender e divulgar a nosa identidade. Así pois, o Festival Cine do Mar encádrase totalmente dentro dos obxectivos do Museo do Mar de Marín.O Festival Cine do Mar promove a valoración do mar como ecosistema e a concienciación da importancia da súa protección e conservación, así como a dignificación dos oficios relacionados co mar e o recoñecemento das persoas que dedicaron e dedican a súa vida aos traballos tanto no mar como en terra vinculados directa ou indirectamente ao mundo da pesca e o marisqueo.

Creación en Lingua Galega

O Festival Cine do Mar é un evento que promove a creación en lingua galega e que contribúe á promoción, á difusión e á defensa da lingua galega, fomentando a normalización do uso do galego nas actividades culturais. Entre os seus obxectivos principais están o de fomentar o uso do idioma galego entre a poboación, nomeadamente entre a infancia e a mocidade; así como o fomento da creación artística no ámbito audiovisual en lingua galega dirixido na infancia e a mocidade, rangos de idade onde o galego ten menos uso e prestixio.

Participación libre; tema, “O mar”

A participación neste festival que comprirá a súa segunda edición,será totalmente libre e gratuíta, podendo participar creadoras e creadores de calquera nacionalidade. As obras presentadas deberán centrarse en calquera temática relacionada co mar, ben desde a perspectiva natural, ben desde a cultural; e deberán ter sido producidas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2022.

Poderán presentarse obras de calquera xénero, ficción ou non ficción, que non poderán exceder os 30 minutos de duración (títulos de crédito incluidos).

Poderán presentarse obras de maior duración para participar no festival fóra da Competición Oficial, en seccións non competitivas.

Dentro da Competición Oficial do festival, establécense dúas categorías: Sección Oficial e Sección Ensino. 

Inscrición e prazos

A inscrición deberá facerse a través da plataforma Festhome. Tamén poderá facerse enviando ao correo electrónico cinedomardemarin@gmail.com a ficha de inscrición (que será facilitada a través do propio correo) e a copia dixital da obra, directamente ou a través dun enlace para a súa descarga (google drive, wetransfer, ydray, etc.).

O prazo de presentación das obras estenderase desde o 1 de xaneiro ao 30 de abril de 2025, ambos inclusive, quedando excluídas as presentadas fóra deste prazo.

Premios 

Establécense tres premios na dúas seccións en competencia: Dous premios na Sección Oficial e un na Sección Ensino.

  • Sardiña de Ouro: Premio do Xurado á mellor obra audiovisual - Sección Oficial. Dotado

con 500 euros, trofeo e diploma.

  • Polbo de Ouro: Premio do Público á mellor obra audiovisual - Sección Oficial. Dotado con 300 euros, trofeo e diploma.
  • Rodaballo de Ouro: Premio do Xurado á mellor obra audiovisual - Sección Ensino. Dotado con 500 euros, trofeo e diploma.

Descarga das bases:

Paxina web: festivalcinedomar.com 

Para calquera dúbida ou información, poñerse en contacto coa organización do festival a través do correo electrónico: cinedomaremarin@gmail.com. MUSEO DO MAR DE MARÍN - Rúa Concepción Arenal 2 - 36900 Marín (Pontevedra)

Cartel 

O cartel está feito sobre unha fotografia de Gustavo Santos, cedida de maneira altruísta Gustavo Santos Galiñanes, nacido en Buenos Aires en 1968. Tras recibir o título en periodismo, xa como becario, inclinouse rápidamente pola fotografía. Traballou varios anos en fotografía publicitaria en Arxentina, pero ao chegar a Galicia volveu ao periodismo. Desde o ano 2001 forma parte da redacción de Faro de Vigo en Pontevedra. Gustavo Santos é un profesional de recoñecida traxectoria como fotógrafo de prensa. Moitas das fotografías que vemos neste períodico cada día da comarca de Pontevedra e de Marín son da súa autoría.

Gustavo Santos autor do cartel

A fotografía seleccionada, titulada “Ghancheira de a pé ao amencer”, forma parte dun reportaxe encargado polo periódico o 16 de outubro de 2024, no banco marisqueiro da Seca, en Combarro, na Ría de Pontevedra.

En palabras do autor: “Ese día a baixamar chegou antes, polo que o traballo das  mariscadoras realizábase de madrugada. Isto permitiunos traballar cunha luz con certo dramatismo, que pon de manifesto a dureza dunha tarefa que historicamente a  desempeñaban maioritariamente mulleres. Creo que na imaxe pódese ver o frío da mañá, a humidade nos pés e a tensión nos brazos da muller. Iso e a illa de Tambo ao fondo foron para min o obxectivo daquela mañá na que había incerteza sobre o estado do produto tras moitos días de choiva e a posible mortaldade das ameixas”.

A fotografía seleccionada, coa Illa de Tambo e Marín de fondo, consegue transmitir a dureza do traballo que realizan as mariscadoras. Desde o Museo do Mar a elección desta imaxen para o cartel do II Festival Cine do Mar é unha maneira de solidarizarnos e mostrar o noso apoio ao sector marisqueiro que o está a pasar moi mal no último ano.

 

roslev