Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Museo acolle o xoves un coloquio feminista coa intervención de Sindy Takanashi e Diana López, primeiro acto do 25N

Carriola.Redacción.19.11.24.

julio@carriola.es.

Resultado:

Sindy Takanashi e Diana López conversarán en Marín sobre ciberacoso, violencia sexual e machismo en Internet.O coloquio feminista entre a creadora de contidos e a xornalista será o 21 de novembro ás 19.30 horas no Museo Torres e forma parte da programación do Concello de Marín polo 25 de Novembro

Internet e os seus recunchos escuros, onde campa as súas anchas a ciberviolencia e o acoso sexual, será o tema que tratarán a creadora de contido Sindy Takanashi e a xornalista Diana López nun coloquio enmarcado dentro da programación do Concello de Marín polo 25 de novemebro e que terá lugar o xoves 21 ás 19.30 horas no Museo Municipal Manuel Torres.

Especialmente dirixida á mocidade

Esta charla, especialmente dirixida á mocidade, que é a que máis vive no mundo dixital, pretende poñer o foco en como se producen situacións constantes de violencia machista nun entorno que ten as súas propias características: a inmediatez, a dispoñibilidade, o anonimato, cuestións que acaban exercendo un enorme control do acosador sobre a vítima e que poden acabar producindo situacións de violencia como ciberamenazas, ciberextorsión, ciberdifamación, hacking, acceso a contidos sen consentimento.

Sindy Takanashi 

Para falar de todas estas cousas, Sindy é unha persoa idónea pola súa traxectoria persoal e profesional. Creadora de contido para redes sociais e presentadora de programas endiversos formatos, actualmente está á fronte do pódcast Queridas hermanas e copresenta Utameda, ambos en Podimo. É una coñecida influencer feminista, con máis de 390 mil seguidores e seguidoras en Instagram e que acadou fama desde o 2018, conforme entraba no activismo  feminista. Agora, a súa conta está especializada nos problemas que atinxen ás milleres e ás nenas só polo feito de selo. Loita especialmente pola abolición da prostitución e expón todo tipo de violencias machistas no seu contido en redes.

Presentou tamén o programa de entrevistas Las uñas en Flooxer, polo que pasaron mulleres tan diversas como Rigoberta Bandini, Amelia Tiganus ou Ana Peleteiro. Forma parte do Instituto YEM para a saúde integral da muller.

Un coloquio con Diana López

Estará acompañada nesta xornada na xornalista e guionista Diana López Lovar, Licenciada  en Xornalismo na USC que conta con varios másteres. En 2012, creou o seu blog Suspenso en Religión e en 2013 fixo o seu primeiro artículo viral, Mi coño, no que se opuña ao anteproxecto de lei contra o aborto. Desde entón, está vinculada ao activismo polos dereitos das mulleres e fai opinión en clave feminista.

Traballou en prensa escrita, radio, televisión e cine como redactora e guionista, vinculada en moitos casos á TVG. A maternidade e a pandemia aparatáronna da televisión e agora centra o seu labor na docencia.

Publicou ensaios como No es país para coños, do que despois dirixiu unha obra teatral, e Maternofobia. Como directora, tamén sacou adiante a curta Feminazi e colaborou na novela ilustrada Voces que contan, cun relato persoal sobre a anorexia. Desde 2018, coorganiza o encontro As Mulleres Que Opinan Son Perigosas, xunto coa xornalista Susana Pedreira. Actualmente, dirixe o monólogo teatral A Síndrom de Lis e colabora co xornal Público

roslev